‘Trevinca desde dentro’
- Presentación do libro ‘Trevinca desde dentro’
Acto de presentación do libro “Trevinca desde dentro” por parte do seu autor Daniel Boyano Sotillo o xoves 7 de abril ás 19:00 horas na Casa da Cultura de Viana do Bolo.
O libro contén unha completa descripción das principais características xeolóxicas e paisaxísticas de do Macizo de Trevinca , ofrécenos, ademais, un percorrido polas distintas rutas para ascender ao cumio de Trevinca dende cada unha das súas vertentes gozando das súas paisaxes…
Daniel Boyano Sotillo, xeógrafo ambiental e montañeiro, realizou a súa labor profesional en diferentes espacios naturais coma o Himalaya, Os Andes, Atlas, Alpes, Montañas Árticas, Montañas Selváticas de África Central, Montañas del Sudeste Asiático, Volcáns Centroamericanos e Norteamericanos…