O Proxecto do Concello de A Veiga para a designación de Trevinca, como destino Turístico Starligh , acada o apoio económico da Deputación Provincial de Ourense para a súa posta en marcha , polo importe de 10.000,00 € .
Un destino único en Galicia : O ceo de Trevinca
O Concello de A Veiga , pola súa altitude e a súa escasa contaminación lumínica conta cunha Excelente calidade do Ceo , polo que a observación do firmamento forma parte do seu patrimonio natural, paisaxístico, cultural ou cientifíco que pode fomentar o turismo “ das estrelas “ .

1º. Destino Turístico Starlight:
Os destinos turísticos Starlight son lugares visitables, que gozan de excelentes cualidades para a contemplación dos ceos estrelados e que, o estar protexidos da contaminación luminosa, son especialmente aptos para levar a cabo actividades turísticas baseadas neste recurso natural .
Os destinos turísticos Starlight non só deben acreditar a calidade dos seus ceos e medios para garantir a súa protección, senón tamén as adecuadas infraestructuras e actividades relacionadas coa oferta turística (aloxamentos, medios de observación dispoñibles ao servizo do visitante, a formación de persoal encargado da interpretación astronómica, etc) e a súa integración na natureza nocturna.

2º.‐A Certificación Turística Starlight:
A Certificación Turística Starlight acredita aqueles espazos que posúen unha excelente calidade do ceo, que representan un exemplo de protección e conservación e que incorporan a observación do firmamente como parte do seu patrimonio natural e paisaxístico , que emite a Fundación Starlight.
Este sistema de certificación está respaldado pola UNESCO, a Organización Mundial del Turismo (UNWTO) e a a Unión Astronómica Internacional (IAU).

3º.‐ A Fundación Starlight:
A Fundación Starlight creouse no ano 2009 tra‐la “I Conferencia Internacional Starlight”, é unha entidade con personalidade xurídica propia, cuio obxectivo é a difusión da astronomía e a coordinación , xestión, e impulso dos principios e filosofía do movemento Starlight, ofrecer un modo distinto de cuidar e defender o ceo e valoralo coma recurso necesario para a vida e como patrimonio intanxible da humanidade.

O dereito a un ceo nocturno non contaminado que permita a contemplación do firmamento, debe considerarse como un dereito inalienable da humanidade (Fundación Starlight).