Tres gañadores para o concurso fotográfico “Olladas de Igualdade 2016”
- Foi a primeira edición convocada polo Concello de A Rúa con motivo do Día da Muller
O concurso fotográfico «Olladas de Igualdade 2016» que convocou o Concello de A Rúa, con motivo do Día da Muller, xa ten gañadores. O primeiro premio foi para Luis Sánchez García, de A Rúa, por unha fotografía titulada “Na Leira”; o segundo, para “Torneo en igualdad” , de Javier Yarnoz Sánchez, de Pamplona, y el tercerio, para “Diferentes modos de vida, unha mesma muller” , de Mª del Carmen Fernández Prada, de O Barco .
Todas as fotografías presentadas estarán expostas no Centro Cultural Avenida desde este xoves e durante todo o mes de marzo.
O xurado, integrado por persoas dos medios de comunicación da comarca, reuníronse o 7 de marzo pola tarde no Salón de Plenos do Concello da Rúa. Foron presentados 15 orixinais ó concurso , que estreou a primeira edición este ano.