Tregumelos 2014, posta en valor dos cogumelos dos montes de Trevinca
Con este slogan de Gustanche os caramelos? … e os tregumelos?, atopamos este proxecto posto en marcha polo Concello da Veiga co cal se quere por en valor os cogumelos dos montes de Trevinca, tendo en conta que, coa chegada do outono, o tempo desde tipo de productos naturais é o seu, habendo moitas persoas que teñen verdadeira paixón pola gastronomía vencellada a estas setas.
Con esta denominación de Tregumelos 2014, vai celebrar o Concello de A Veiga una serie de fins de semana micolóxicos, con charlas didácticas, charlas culinarias, saídas técnicas e métodos de conservación. Serán os días 11 e 18 de outubro e 8 de novembro, sendo a celebración o Salón de Sesións do Concello.
A hora de inicio de cada xornada serán as 10:00h. Para inscripcións chamar o teléfono indicado no cartel anunciador.