Tras a “carreira do turrón” continúa no Barco a programación navideña con maxia, teatro e cine, entre outras actividades
- A “carreira do turrón” de O Barco puxo a proba a solidariedade
- A programación navideña continúa na vila con maxia, teatro e cine, entre outras actividades
O Barco celebrou a décima “Carreira popular solidaria do turrón”, que involucrou a veciños e veciñas de tódalas idades, e que se convertiu en toda una festa solidariedade na que se recolleron alimentos para persoas sin recursos que xestionará o Banco de Alimentos. Foron moitas as persoas que quixeron sumarse á tradicional carreira que, un ano máis, volveu a rexistrar un notable éxito.
Esta foi unha das actividades incluidas na programación navideña da vila. Pero aínda queda máis. Así, teatro, cine e maxia, a visita do Apalpador e a Cabalgata dos Reis, configuran o programa cultural para o tempo de Nadal e Reis en O Barco de Valdeorras.
Haberá actividades ata o vindeiro 8 de xaneiro, moitas delas para público familiar. Así, o cine club Groucho Marx ofrece un ciclo de cine infantil e outro de adultos con filmes de actualidade na carteleira. O teatro para público familiar será o 29 (Rubicundo de Teatro dos Ghazafelhos) e o 30 (A danza da choiva de Elefante Elegante), ambas en horario de 20,00 horas. Trátase dos mellores espectáculos da temporada teatral para público familiar.
O día 28 chegará o Apalpador a estar cos nenos e as nenas de O Barco na Biblioteca Delgado Gurriarán (20 horas,) un acto no que vai actuar o Mago Teto, unha das figuras máis recoñecidas do ilusionismo galego.
Finalmente, o 5 de xaneiro a Cabalgata dos Reis porá o punto final a este ciclo festivo.
Nas últimos días tamén se desenvolveu, dentro da programación navideña, a décima Carreira popular solidaria do turrón, que involucrou a veciños e veciñas de tódalas idades, e que se convertiu en toda una festa solidaria na que se recolleron alimentos para persoas sin recursos que xestionará o Banco de Alimentos.