Traballos de roza no Incio

  • O Concello do Incio os quere agradecer 
  • Teñen como finalidade a prevención de incendios forestais e tamén mellorar os accesos aos propietarios forestais e gandeiros

O Concello do Incio quere agradecer os traballos de roza que ao longo destas semanas está levando a cabo o Servizo de prevención e defensa conta os incendios forestais (SPDCIF) dependente da Consellería do Medio Rural.

En concreto, están actuando en pistas de Toldaos e Camiño Real ata Foilebar, así como en Hospital, Sirgueiros, Trascastro e algunha outra parroquia.

Son zonas que presentaban abundante maleza, polo que a actuación permite acondicionalas e deixalas nun estado óptimo.

Os traballos teñen como finalidade a prevención de incendios forestais e tamén mellorar os accesos aos propietarios forestais e gandeiros.

Outros traballos

A actuación súmase ás tarefas de roza e acondicionamento que leva a cabo o Goberno municipal desde hai semanas, tanto con traballos a man como con maquinaria.

Imaxes:

 

 

También te podría gustar...