Traballos de mellora no camiño municipal de O Carballo

  • O Concello inicia os traballos de mellora no camiño municipal de O Carballo, en Piñeira
  • “Esta nova actuación na rede viaria municipal enmárcase dentro dos 10 proxectos de mellora que dimos a coñecer o pasado mes de xuño e que significan obras en rúas, vías e camiños de titularidade municipal, tanto do eido urbano como rural de Monforte, e que alcanzan, en total, o medio millón de euros (457.653,31 €)”, recordou o Alcalde, José Tomé Roca
  • As actuacións que se están levando a cabo hoxe nesta camiño municipal da parroquia de Piñeira comprenden a renovación do seu firme nun tramo de 975 metros. Contan cun investimento de 43.702,70 euros e están sendo executadas pola empresa OVISA

 

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar o inicio dunha nova actuación de mellora en vías de titularidade municipal, neste caso no eido rural, concretamente no camiño municipal de O Carballo, na parroquia de Piñeira.

Cun orzamento de algo máis de 43.000 euros (43.702,70 €), os traballos de mellora do firme desta vía, concretamente nun tramo de case un quilómetro, están sendo executados dende hoxe pola empresa Ovisa.

“Esta nova actuación na rede viaria municipal enmárcase dentro dos 10 proxectos de mellora que dimos a coñecer o pasado mes de xuño e que significan obras en rúas, vías e camiños de titularidade municipal, tanto do eido urbano como rural de Monforte, e que alcanzan, en total, o medio millón de euros”, recordou o Alcalde.

 “Deste xeito” engadiu o Alcalde, “o Equipo de Goberno deste Concello segue a executar actuacións na rede viaria municipal para seguir mellorando Monforte tal como vimos facendo dende que chegamos ó Goberno fai case 6 anos, e que seguiremos facendo para cumprir o compromiso que temos con todos os monfortinos e monfortinas”.

 

Mellora do camiño municipal de O Carballo

O Concello decidiu acometer o arranxo desta vía municipal debido a que presentaba un firme asfáltico con numerosas irregularidades e baches.

En concreto, as accións acometidas son as seguintes:

  • Nas zonas nas que se ampliará o ancho da calzada, procédese á apertura de caixa, con carga e transporte do material sobrante a vertedero. Seguidamente, nesas zonas colocarase unha base de zahorra compactada.
  • Nas zonas en que é necesario pola cota do pavimento rematado, procedeuse ó fresado do firme actual.
  • Posteriormente procedeuse ó varrido do firme as zonas afectadas, por medios mecánicos, consistindo nunha limpeza enérxica da superficie do pavimento existente mediante cepillo de alambre.
  • A continuación, en toda a calzada, procedeuse a aplicar a nova capa de rodadura, consistente nunha capa de aglomerado en quente, tipo D-12, de 4 cm.de espesor.
  • Tras elo, procederase ó levantado ou recalce de tapas de arquetas e rexistros para alcanzar o novo nivel da capa de rodadura.
  • Para rematar, na calzada, unha vez terminada a colocación da nova capa de aglomerado, procederase ao pintado da vía, co marcaxe das marcas viais continuas ou discontinuas, en liñas de bordo ou eixe de calzada, reflexivas de 12 cm, con pintura reflexiva e microesferas de vidro.

 

Outras actuacións na parroquia de Piñeira

En pasados días o Concello, tal e como estaba previsto, acometeu outra actuación na parroquia de Piñeira, en concreto a mellora do camiño municipal en A Barxela, cunha inversión de 21.199,51 euros que supuxo a renovación do firme en 210 metros de vía.

E nas vindeiras semana acometerase a terceira das actuacións previstas nesta parroquia, a mellora do camiño municipal situado na zona de As Bodegas, entre a igrexa e o local social que leva asignada unha inversión de 21.031,27 euros.

En total, na parroquia de Piñeira, a inversión alcanza os 85.933,48 euros.

También te podría gustar...