Traballo financiou o programa de emprego de Ourense que acadou a inserción de 32 persoas

  • O delegado territorial, Rogelio Martínez, participou na entrega de diplomas aos alumnos que finalizaron as accións formativas
  • Nesta iniciativa participaron un total de 70 persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos e recibiron unha formación teórico-práctica en técnicas de venda e habilidades comerciais, vixilancia de seguridade, coidados de discapacitados físicos e psíquicos e barman
  • A Dirección Xeral de Traballo vén de concederlle ao Concello da capital outro programa integrado de emprego que beneficiará a 70 desempregados

Plan int OU 

 

A Consellería de Traballo e Benestar financiou ao 100 por cento o programa integrado de emprego ‘Ourense:Emprego e Formación” da cidade das Burgas no que participaron un total de 70 persoas, na súa maioría con baixa cualificación. Esta actuación acadou que o 45% dos seus participantes atoparan un posto de traballo, en concreto o número de insercións cífrase en 32.

Así o destacou o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, durante o acto de clausura e entrega de diplomas ao primeiro grupo dos alumnos que participaron nesta iniciativa ao que acudiu acompañado polo xefe territorial de Traballo e Benestar, José Selas, e que contou tamén coa presenza do concelleiro de Emprego da capital, José Angel Varquero. O venres que vén entregaranse os diplomas acreditativos ao segundo e último grupo de alumnos.

Entre as accións que se impartiron destacaron cursos de técnicas de venda e habilidades comerciais, vixilancia de seguridade, coidados de discapacitados físicos e psíquicos e barman.

Plan integ OUDSC_0733

 

Inserción laboral

Rogelio Martínez  explicou que os programas integrados de emprego son medidas activas de emprego, que buscan a inserción laboral dos participantes a través dun tratamento integral. Deste xeito, combinan distintas accións como a orientación e o asesoramento, a formación, a práctica laboral e a mobilidade xeográfica.

Establécese, nestes programas, que o obxectivo de inserción laboral será, como mínimo, do 30 ou do 35 por cento. En xeral, os destinatarios destas actuacións son persoas desempregadas, preferentemente preceptoras de prestacións ou subsidios e, maioritariamente, colectivos de difícil inserción no mercado laboral.

O delegado territorial sinalou que a Consellería que dirixe Beatriz Mato blindou un ano máis o financiamento dos programas integrados para o emprego para beneficiar a 2.000 persoas. Como principais novidades nesta convocatoria para o período 2015-2016, que xa saíu publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), créase un tipo de programa integrado de emprego específico para persoas beneficiarias da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA). Cada proxecto terá unha duración de 12 meses. Como xa se anunciou a finais do pasado mes de marzo, o concello da capital contará, de novo, cun programa integrado de emprego que beneficiara a 70 desempregados. Este foi o único solicitado na provincia ourensá.

Plan integrado OU

También te podría gustar...