Toma nota do programa completo para a Feira Medieval de Monforte

 
 
 
 
 
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presentaba o pasado 26 de marzo na Praza de Abastos de Monforte, o programa oficial da XVIII Feira Medieval de Monforte, un evento que terá lugar os días 16 e 17 de abril. 
 
Dende o concello animan agora a ir botando un ollo ao programa e a telo de man para non perder ningunha das moitas e variadas actividades que se inclúen. Todo ao detalle na súa web a golpe de clic.
 
Esta edición da feira conta con 103 postos, 50 de artesanía, 34 de alimentación e 19 de comercio. Os postos de alimentación estarán distribuídos entre a venda de produtos gastronómicos que irán ubicados no interior do espazo dos mercados, o que se chama Zoco Gastronómico, e o resto das paradas gastronómicas distribuirase ó longo de todo o traxecto, sendo o zoco central destas paradas o atrio da igrexa da Régoa.
 
E no apartado de actividades e espectáculos, por citar algúns, haberá: Campamento Medieval, Salva de Artillería, obradoiros medievais, espectáculos de aves de rapiña e cetrería, Xustas Medievais, música de rúa, Desfile do Dragón, etc.
 

También te podría gustar...