Teatro para público infantil e familiar en Monforte

  • Coa peza Quixote, de Pedras de Cartón
  • O Concello de Monforte continúa co seu ciclo de teatro para o primeiro trimestre deste ano 2022, este xoves 28 de abril no Edificio Multiusos a partir das 18 horas, con entrada a 5€ para adultos e 3€ para público infantil
  • Esta obra teatral está incluída na programación da Rede de Teatros e Auditorios da Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello de Monforte, e programouse co gallo da conmemoración do 23 de abril, Día do Libro

 

O Concello de Monforte presenta hoxe xoves 28 de abril ás 18:00 horas unha representación para público infantil e familiar no salón de actos do Edificio Multiusos, dentro do seu calendario de actuacións teatrais do primeiro semestre do ano incluídas na programación da Rede de Teatros e Auditorios da Xunta de Galicia. Ademais, esta obra escolleuse para conmemorar o 23 de abril, Día do Libro.

 

Trátase da obra Quixote, da compañía Pedras de Cartón, obra composta por Juan Rodríguez sobre o texto de Miguel de Cervantes e dirixida por Laura Sarasola e coa interpretación de Juan Rodríguez e Pablo Sánchez, conta coa banda sonora orixinal de Davide González e un coidado vestiario realizado por Diego Valeiras.

 

O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros para adultos e tres para público infantil. A venda de entradas farase dende unha hora antes da actuación, ás 17:00 h, e a entrada o salón de actos realizarase ás 17:45 h.

 

Sinopse

«Quixote» é un xogo cómico inspirado na coñecida obra de Cervantes. Un espectáculo para achegar os clásicos a toda a familia con humor e case sen palabras, no que Don Quixote viaxa polas terras de Castela co seu velocípedo, acompañado do fiel Sancho e un triciclo cargado de maletas.

O segundo espectáculo de Pedras de cartón traballa, de esta volta, cunha estética inspirada no pallaso clásico (moi ao estilo Fellini) e en clave de clown, afrontndo as escenas máis icónicas da novela, da relación antagónica entre Quixote e o seu escudeiro Sancho.

A obra foi Premio Barroco Infantil no XLIV Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro.

 

A compañía

Pedras de Cartón nace na Coruña, pero cunha visión aberta ao exterior, coa intención de crear espectáculos de teatro clásico que podan chegar ao maior número de públicos posible.

A compañía conta para esta tarefa con profesionais cunha ampla traxectoria no teatro para a infancia e a xuventude, da man de Juan Rodríguez, socio fundador de Caramuxo teatro.

Co primeiro espectáculo, Lázaro de Tormes, conseguen a Mención Especial do Xurado no 43º Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro.

Pedras de Cartón aposta por adaptar os clásicos a novas linguaxes e estéticas, que podan resultar atractivas para o público máis novo.

 

A seguinte obra do ciclo de teatro para público adulto programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte será As que limpan da compañía A Panadería que terá lugar o xoves 19 de maio no Edificio Multiusos ás 20:15 h..

 

También te podría gustar...