Suspendida a XVIII Feira Tradicional Outrora

  • O Concello de Bóveda decide suspender a Feira Tradicional Outrora do 14 de xullo
  • O alcalde, José Manuel Arias, asegura que se toma esta determinación “por prudencia e responsabilidade”

Autoría: Carlos Rueda

 

O Concello de Bóveda tomou a decisión de suspender a Feira Tradicional Outrora, que tería lugar o 14 de xullo en Rubián e que este ano celebraría a súa edición número XVIII.

O alcalde, José Manuel Arias, explica que o equipo de Goberno toma esta determinación “por prudencia e responsabilidade” e tendo en conta a grande afluencia que o evento congrega ano tras ano na localidade.

Así, O Goberno local suspende a Feira Tradicional Outrora para dar cumprimento ás recomendacións sobre aforo que están facendo as autoridades sanitarias derivadas da situación que provocou a covid-19.

O rexedor explica que “é preciso seguir tendo moito sentidiño e moito coidado”.

También te podría gustar...