Solicitada Situación 2 no indencio en Pereiro de Aguiar
ndioFoi solicitada como medida preventiva a Situación 2 no lume do concello ourensán do Pereiro de Aguiar, parroquia de Vilariño, que segue activo desde as 23:40 horas de onte. Segundo estimacións provisionais, afecta a 30 hectáreas de superficie. No seu control levan traballado 5 axentes forestais, 12 brigadas, 10 motobombas, 2 helicópteros e 2 avións.