Sober: ambicioso Plan de Mellora de Camiños que beneficiará ás 22 parroquias

  • O investimento total previsto ascende a preto de 600.000 euros
  • O Concello de Sober está acometendo un ambicioso Plan de mellora de camiños que beneficiará ás 22 parroquias. O investimento total previsto ascende a preto de 600.000 euros
  • As obras incluídas nos plans de 2020 e 2021 están xa executándose. As previstas para 2020 sufriron algún retraso como consecuencia da pandemia

Con cargo o Plan Único execútanse obras por 225.000 euros, con cargo ao Plan Marco da Consellería de Medio Rural invístense 140.000 euros, no Plan Infraestruturas Rurais inclúense obras por importe de 100.000 euros e con fondos propios do Concello arredor de 125.000 euros.

Obras xa rematadas

Entre as obras xa rematadas están os accesos a Mourentán e O Souto de Vilachá en Doade; Santo Tirso e Cantón en Amandi; O Rodeiro e Abanante en Lobios; As Gándaras en Pinol; Moreda en Vilaescura, Carboeiro, Os Cancelos e A Pena en Gundivós; Corvelle e A Carqueixa en Proendos; A Vacariza en Neiras; Camporrairo e as rúas da Panadería e a Fábrica en Canaval, Nogueira, A Mogueira, A Burdalla e A Cigueñeira en Anllo; San Paio, A Paixón e a estrada de Matamá a Arxemil en San Martiño; Ferrón, O Piñeiro, Villoriz e de Santa Marta a O Pinar en Bolmente; así como o camiño dende a igrexa de Barantes a Suairexa.

Próximas obras

Nos próximos días faranse, entre outras, as obras de acondicionado de O Ventorrillo a O Fervedón e os accesos a O Roxo en Neiras; os accesos a Travesa e As Cortiñas en Amandi; dende As Casas ata A Veiga en Figueiroá; o camiño de O Pital en Bulso, accesos a San Xis, Piantes e Gandarela en Brosmos, Vaz en Vilaescura, O Castro en Liñarán, os accesos a Fervenza e Cuñas en San Martiño de Anllo, Cima de Vila e estrada de Santa Marta a Villoriz en Bolmente, así como a estrada dende a igrexa ata Barantes de Abaixo.

 

  • Rematadas

A Vacariza

As Gándaras

Camporrairo

Cantón

Ra da Panadería en Canaval

Santo Tirso en Amandi

Viloriz en Bolmente

 

 

También te podría gustar...