Situación dos lumes forestais: Carballeda, controlado e 37,35 hectáreas afectadas. Lobios controlado e Ribas de Sil extinguido
- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19:30 horas de hoxe
- Permanece controlado o lume de Lobios, parroquia de Torno, que afectou unha superficie de 39 hectáreas, segundo estimacións provisionais
- Segue controlado o incendio rexistrado en Carballeda de Valdeorras, parroquia de Sobradelo, que afectou 37,35 hectáreas
- Extinguido ás 18:09 horas o lume de Ribas do Sil, parroquia de San Clodio, cunha superficie afectada provisional de 18 hectáreas
A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19:30 horas de hoxe.
Controlado Carballeda de Valdeorras
Permanece controlado, dende as 03:05 horas desta madrugada, o incendio rexistrado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Sobradelo. Este lume afectou, segundo estimacións provisionais, unha superficie de 37,35 hectáreas. No seu control traballaron 1 técnico, 5 axentes, 10 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.
Controlado Lobios
Permanece controlado desde as 23:25 horas de onte, luns, o lume rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Torno. Segundo estimacións provisionais, afectou unha superficie de 39 hectáreas. Na súa extinción levan traballado 1 técnico, 8 axentes, 19 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 2 avións.
Extinguido Ribas de Sil
Ás 18:09 horas desta tarde quedou extinguido o lume rexistrado no concello lucense de Ribas do Sil, parroquia de San Clodio, que se iniciou ás 15:43 horas de onte. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada foi de 18 hectáreas, das cales 12,6 corresponden a monte arborado e as 5,4 restantes a raso. Nos traballos de extinción participaron 2 técnicos, 6 axentes, 15 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 2 avións.
O lume de Carballada, imaxes: