Sinatura dun convenio coa Deputación e presentación da ‘Noite Meiga’ en Ribadavia
Hoxe as 10:30h, está previsto no Salón de plenos do Concello de Ribadavia que teña lugar a sinatura dun convenio de apoio económico á Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. No acto participarán o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco.
Cara as 12:00h, na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da “Noite Meiga” de Ribadavia. O acto contará coa presenza do asesor de Cultura da Deputación de Ourense, César Fernández, e as vogais da asociación Ribadavia Activa.T, Alba González e María del Portal Viso.