Servizo de madrugadores en Bóveda

  • O Concello de Bóveda pon en marcha este curso o servizo de madrugadores para axudar na conciliación das familias
  • Os pais e nais interesados poden inscribir aos seus fillos nas oficinas municipais
  • O servizo, gratuíto, prestarase de luns a venres de 08:00 a 10:00 horas

 

O Concello de Bóveda pon en marcha este curso o servizo de madrugadores para axudar á conciliación familiar, persoal e laboral. Trátase dun servizo para aquelas familias que precisan deixar aos seus fillos cedo, antes do inicio da xornada lectiva.

O servizo vaise prestar de luns a venres de 08:00 a 10:00 horas na Casa da Cultura do municipio. Os nenos e nenas estarán atendidos nun ambiente lúdico e educativo.

O servizo de madrugadores contará cunha programación específica baseada en actividades creativas e artísticas, musicais e deportivas.

Os pais e nais interesados poden inscribir aos seus fillos nas oficinas municipais.

O servizo, que se presta por vez primeira, será gratuíto para todos os nenos e nenas.

También te podría gustar...