«Serven para que Monforte estea moi ben representado na elite do deporte»

  • O Alcalde homenaxea ós piragüistas do Club Quixós polos éxitos acadados en Campionatos de España e de Europa
  • José Tomé Roca recibiu ós 8 piragüistas do Club Quixós que participaron e acadaron importantes éxitos tanto no Campionato de Europa de Augas Bravas Junior e Sub 23 celebrado en Banja Luka (Bosnia Herzegovina) do 25 ó 28 de agosto de 2022, como no Campionato de España de Slalom Jóvenes Promesas-Campionato por Federacións Autonómicas de Patrullas, celebrado en Sabero (León) o 27 e 28 de agosto de 2022
  • O Alcalde, en nome de todos os monfortinos, felicitou aos deportistas asistentes e agradeceu os éxitos acadados, “pois serven para que Monforte estea moi ben representado na elite do deporte español, europeo e mundial”
  • Efrén Álvarez Vázquez, Gabriel Rodríguez López, Nerea Gutierrez Ontiveros, Noa Díaz Quintián, Diego Expósito Díaz, Jacobo Rodríguez López, Martín Prats Moreiras e Sara Inés Varela Cortiñas foron os deportistas homenaxeados cun recoñecemento individual personalizado
  • O rexedor monfortino tamén fixo entrega dun trofeo conmemorativo para o Clube, unha réplica da Ponte Vella, que recolleu o presidente do Quixós, Iván Gutiérrez, e o seu director deportivo, Santi Díaz
  • O Alcalde recordou que “dende o Equipo de Goberno puxemos en marcha no mes de setembro unha nova liña de axudas dotada con 12.000 euros, e destinadas a axudar ós clubs monfortinos que participen en campionatos de España, de Europa ou do Mundo durante o ano 2022”

 

A tarde do venres 4 de novembro serviu para que o Alcalde, José Tomé Roca, en nome de todos os monfortinos e monfortinas, homenaxeara ás 19:30 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello ós oito atletas do Club Quixós, polos excelentes resultados que acadaron tanto no Campionato de Europa de Augas Bravas Junior e Sub 23 celebrado en Banja Luka (Bosnia Herzegovina) do 25 ó 28 de agosto de 2022, como no Campionato de España de Slalom Jóvenes Promesas-Campionato por Federacións Autonómicas de Patrullas, celebrado en Sabero (León) o 27 e 28 de agosto de 2022.

No acto de recoñecemento, o Alcalde estivo acompañado polos 8 deportistas homenaxeados, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, o técnico de Deportes, Óscar Rodríguez, así como familiares e representantes do Club Quixós de piragüismo. Os atletas recibiron un trofeo individual personalizado en recordo dos éxitos acadados en cada caso.

O rexedor monfortino tamén fixo entrega dun trofeo conmemorativo para o Clube, unha réplica da Ponte Vella, que recolleu o presidente do Quixós, Iván Gutiérrez, e o seu director deportivo, Santi Díaz.

Os resultados máis destacados acadados polos atletas do Club Quixós, e polos que foron homenaxeados, foron os seguintes: 

Campionato de Europa de Augas Bravas Junior e Sub 23

Os deportistas do Quixós que participaron neste Campionato coa Selección Española de Piragüismo foron Efrén Álvarez Vázquez, Gabriel Rodríguez López, Nerea Gutierrez Ontiveros e Noa Díaz Quintián.

Estes deportistas representaron a España participando nunha gran cantidade de probas, onde os resultados máis destacados foron os seguintes:

-Efrén Álvarez Vázquez:

  • 5º posto en 3XC2 sub-23 formando parella con Gabriel
  • 4º posto en 3XC1 sprint en categoría junior

-Gabriel Rodríguez López:

  • 5º posto en 3XC2 sub-23 formando parella con Efrén
  • 6º posto en 3XC2 sprint sub-23 formando parella con Efrén

-Nerea Guitiérrez Ontiveros:

  • 3º posto e medalla de bronce en 3XC1 sub-23 sprint
  • 5º posto en 3XC1 sub-23

-Noa Díaz Quintián:

  • 3º posto e medalla de bronce en 3XC1 sub-23 sprint
  • 5º posto en 3XC1 sub-23
Campionato de España de Slalom Jóvenes Promesas-Campionato por Federacións Autonómicas de Patrullas

Neste Campionato de España participaron os seguintes deportista do Club Quixós: Diego Expósito Díaz, Jacobo Rodríguez López, Martín Prats Moreiras e Sara Inés Varela Cortiñas.

Os resultados máis destacados foron os seguintes:

-Diego Expósito Díaz:

  • 4º posto en 3XC1 infantil
  • 5º posto en C1 Infantil

-Jacobo Rodríguez López:

  • 6º posto 3XK1 cadete

-Martín Prats Moreiras:

  • 4º posto 3XK1 infantil
  • 8º posto C1 Infantil

-Sara Inés Varela Cortiñas:

  • 2º posto e medalla de prata en 3XC1 infantil
  • 3º posto e medalla de bronce en 3XK1 infantil

 

O Alcalde, en nome de todos os monfortinos, felicitou aos deportistas asistentes e agradeceu os éxitos acadados,

pois serven para que Monforte estea moi ben representado na elite do deporte español, europeo e mundial

 

Por outra banda, o Alcalde tamén recordou que “dende o Equipo de Goberno puxemos en marcha no mes de setembro unha nova liña de axudas dotada con 12.000 euros, e destinadas a axudar ós clubs monfortinos que participen en campionatos de España, de Europa ou do Mundo durante o ano 2022”.

“Esta liña de axudas é independente da subvención nominativa que cada club ten asignada, e o obxectivo da mesma e contribuír a sufragar os gastos que lle supón a un club deportivo clasificarse para unha competición fora da Comunidade Autónoma e incluso fora de España e de Europa”, explicou o rexedor monfortino.

José Tomé concluíu o acto, animando ós deportistas a que “sigan traballando para acadar novos éxitos para o deporte monfortino, e agradeceu o apoio das súas familias, que tamén son peza fundamental na consecución destes logros”.

También te podría gustar...