Semana Santa: xornadas multideportivas infantís en Sober
- O Concello de Sober organiza unhas xornadas multideportivas infantís para a Semana Santa
- Poderán participar os nenos de entre 7 e 12 anos en horario de 10:30 a 13:30 horas os días 11, 12 e 13 de abril
- O prazo de inscrición, que pode ser telemática ou presencial, abre o 14 de marzo
O Concello de Sober organiza unha xornadas multideportivas infantís gratuítas para a Semana Santa. As persoas interesadas en participar deben ter en conta as seguintes bases.
Trátase dun programa lúdico e de actividades deportivas que se levará a cabo os días 11, 12 e 13 de abril en horario de mañá, de 10:30 a 13:30 horas.
Desenvolveranse actividades relacionas co voleibol, xogos tradicionais, xogos de cooperación, xincanas, xogos de pistas, actividades musicais e de baile, entre outras.
As instalacións nas que se levará a cabo serán o pavillón do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober.
Ofértase un total de 15 prazas. A idade para participar nesta actividade será a comprendida entre 7 e 12 anos. Terán preferencia os/as nenos/as empadroados/as no Concello de Sober.
O prazo de inscrición será dende o 14 ao 31 de marzo, ambos incluídos.
A inscrición realizarase:
– De maneira presencial: entregando a solicitude no rexistro do Concello de 9:00 a 14:00 horas.
– De maneira telemática: A través do rexistro telemático na sede electrónica do Concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR).
Se existe máis demanda que prazas ofertadas nunha semana, cubriranse as prazas por rigorosa orde de entrada das solicitudes no rexistro do Concello. Así mesmo, crearase unha lista de agarda para cubrir as prazas que poidan quedar vacantes.