Sarabela Teatro pon hoxe en escea no Centro Cultural Avenida de A Rúa “Normas para saber vivir na sociedade actual”
- Mañá será o turno de Odaiko co seu espectáculo “Invención” para público infantil e adultos
Hoxe mércores, 21 de decembro, ás 20,00 horas, Sarabela Teatro chega ó Centro Cultural Avenida de A Rúa coa montaxe «Normas para saber vivir na sociedade actual».
A obra é unha adaptación do texto de Jean-Luc Lagarce dirixida por Fina Calleja. É unha sátira social. Divertimento irónico e crítica feroz a unha sociedade que, coas súas normas e hipocresía, se afasta dos sentimentos humanos.
A obra represéntase dentro do programa de actuacións concertado polo Concello da Rúa coa Deputación Provincial de Ourense a través da súa participación na Rede Provincial de Auditorios.
E mañá, xoves 22 de decembro, tamén no Centro Cultural Avenida, haberá outro espectáculo, neste caso de Odaiko. Será ás 19,00 horas. Despois de “Odaiko nas escolas” e “Vaia circo”, Odaiko fai un repaso das grandes invencións do ser humano ao longo da historia. En “Invención”, a imaxinación e a creatividade son pezas fundamentais para a creación de novos obxectos e búsqueda de solucións ás que o ser humano se ten que enfrontar no día día. Pasando por moitas invencións dende as máis sinxelas ata as que resultaron ser froito da industrialización, a introdución do plástico, etc. sempre chégase á conclusión de que o futuro é reflexo do pasado e, por tanto, a conexión e o equilibrio entre o tradicional e o moderno está sempre moi presente.
Como en todos os espectáculos de Odaiko, o inxenio e a conexión co público son as pezas clave máis características.
O prezo da entrada son 3 euros para público infantil e 4, para adultos.