Sanciones a viticultores. Podemos O Barco señala a Xunta y Consejo Regulador
Podemos O Barco se ha manifestado con contundencia a raíz de las sanciones impuestas a los viticultores de Valdeorras.
En un comunicado, manifiesta que el Consejo únicamente defiende a las grandes bodegas y expone lo que para ellos debería ser este organismo.
En declaraciones recientes a este medio, el presidente del Consello Regulador, José Vicente Solarat López manifestaba que «“de 1.500 viticultores sólo se han pasado 13» y «que como medida excepcional y de advertencia sólo tendrán que pagar una media de 50 a 100 euros».
Declaración de Podemos O Barco ante as sancións aos viticultores de Valdeorras
A Xunta de Galicia, coa complicidade do Consello Regulador, ponlle multas por valor de máis de 350.000 euros a 175 viticultores de Valdeorras.
A intranquilidade recorreu os 1.500 viticultores valdeorreses durante o verán. O pasado mes de agosto comezouse a recibir nas aldeas apercibimentos de multas pola vendima 2014/2015. Era o resultado da denuncia presentada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras (CRDOV) ante a Xunta polo exceso de produción e entrega de uva ás bodegas da comarca. Segundo o CRDOV a irregularidade detectada consistiu en exceder a uva vendida o marxe do 5% da cota imposta ás parcelas. A mediados de setembro a Consellería de Medio Rural e do Mar en base a Lei da Viña e o Viño xa apercibira a 175 labregos das sancións, xulgadas de graves. Multas confiscadoras, todas por riba dos 2.000 euros, que teñen por finalidade expulsar ao pequeno produtor do ciclo do viño.
Coa imposición desta disciplina produtiva o Consello Regulador defende os intereses das grandes adegas, que si por un lado logran, ano tras ano, impoñer á baixa o prezo de compra da uva, polo outro logran limitar a produción por hectárea a só 12.000 quilos. Fronte atópanse os pequenos produtores, a maioría dos viticultores valdeorreses, que por medo as sancións económicas vense na necesidade de non recoller a vendima, ou desfacerse das uvas, ou abandonar as viñas.
O Consello Regulador ten que posibilitar a retirada de todas as multas e reflexionar sobre o balance da súa xestión. Non vale esconderse tras os veedores e permanecer impasible ante o desmantelamento do sector vinícola nunha comarca tradicionalmente adicada ao viño.
Dende Podemos manifestamos que se poden cambiar as cousas e que de existir a necesidade de manter no futuro un Consello Regulador, a UE está pola total liberalización do sector, debe artellarse sobre a defensa do conxunto vinícola, o que implica dedicarse prioritariamente a formar profesionalmente aos labregos; impoñer relacións contractuais laborais xustas; promocionar a marca Valdeorras; combater o fraude nos viños; perseguir a introdución de uva foránea; defender a variedade Godello como específica da comarca; e supervisar a calidade e grado da uva durante a vendima.