Salón Gourmets 2022

  • Aberto o prazo de inscrición para participar como coexpositor do Inorde

 

O Inorde vén de aprobar as bases para regular o procedemento destinado a seleccionar a dez micro empresas como coexpositores no stand que terá este organismo, por primeira vez, no Salón Gourmets 2022, Feira de Alimentación e Bebidas de calidade, que se celebrará no recinto feiral de IFEMA, Madrid, entre os días de 25 ao 28 de abril de 2022. O stand do Inorde habilitará dez módulos destinados, cada un deles, a unha empresa da provincia de Ourense para que expoña e promocione os seus produtos.

Os interesados en participar deberán presentar a súa solicitude (no modelo que se contén no anexo I destas bases dispoñibles na páxina web www.inorde.com), entre as 00:00 horas do día 2 de febreiro de 2022 e as 24:00 horas do día 15 de febreiro de 2022. A solicitude presentarase na sede electrónica da Deputación de Ourense (https://sede.depourense.es/), utilizando a opción de presentación de solicitudes de propósito xeral ou, se o solicitante non está obrigado a comunicarse coa Administración por medios electrónicos, poderá presentar a solicitude nos Rexistros do Inorde, da Deputación de Ourense ou no de outra Administración.

Para poder ser coexpositor deste espazo, as micro empresas elaboradoras de produtos gourmet deberán ser titularidade de persoas físicas autónomas ou xurídicas cuxo domicilio e centro de produción estea situado na provincia de Ourense. No caso de que se trate de empresas dedicadas á viticultura, a súa produción anual non poderá ser superior aos 400.000 litros nos últimos dous exercicios anuais cerrados. Son consideradas micro empresas aquelas que ocupan a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros.

Pode consultar as bases a través do seguinte enlace: http://inorde.com/gl/bases-para-participar-como-coexpositor-no-stand-do-instituto-ourensan-de-desenvolmento-economico-inorde-no-salon-gourmets-2022/

También te podría gustar...