«RUTASPEGADAS» é unha completa e orixinal páxina web

Terás acceso aos seguintes contidos:

  • Versión online do documental “PEGADAS”
  • Información e imaxes sobre recunchos e lugares únicos do concello de Viana do Bolo que aparecen nas historias e relatos de “PEGADAS

As lagoas de Ramilo, o Burato do ladrón, os muíños de Vilaseco e Pradocabalos, as Borreas de Caldesiños … Un longo listado de fermosas paraxes ás que poderás acceder coas indicacións que aparecen na páxina web.

RUTASPEGADAS” é a culminación dun proxecto que comezou en maio do 2021 e que deu lugar a momentos máxicos que esperan que todas e todos poidades revivir a través desta web.

A páxina irá ampliando os seus contidos durante os próximos días e semanas, así que non deixes de visitala…

 

 

 

 

También te podría gustar...