Ruta xeolóxica no Incio

  • O Concello do Incio e a Cámara Mineira de Galicia organizan unha ruta xeolóxica para o sábado 10 de xullo
  • Farase un tramo da ruta do Ferro e haberá unha charla sobre xeoloxía
  • É preciso reservar praza chamando ao Concello do Incio, no teléfono 982 42 70 14

 

O Concello do Incio, en colaboración coa Cámara Mineira de Galicia e o Colexio Oficial de Xeólogos organizan unha ruta guiada para o vindeiro sábado día 10 de xullo.

En concreto, a andaina ten como eixo central e Ruta do Ferro do Incio vista desde a historia xeolóxica: mares e cordilleiras de hai millóns de anos.

A existencia de abundantes minas de ferro, de augas termais, e de ríos que desaparecen e volven a aparecer, ten unha interesante explicación xeolóxica. Para comprender esta explicación debemos remontarnos ao que os xeólogos coñecen da Terra hai máis de 400 millóns de anos, cando a comarca do Incio era un lugar moi diferente.

 
Charla e ruta guiada

Ás 10 da mañá haberá unha charla no salón de usos múltiples do Concello con Eduardo González Clavijo sobre as minas de ferro e as augas termais. Ao remate farase a ruta guiada, de cinco quilómetros de percorrido por un tramo da Ruta do Ferro, ata a Fonte de Arnado e con parada en dúas das minas que hai no traxecto. O traslado ao punto de saída será en microbús.

É preciso reservar praza chamando ao Concello do Incio, ao teléfono 982 42 70 14. Hai 30 prazas dispoñibles.

A actividade, pensada para todos os públicos, é gratuíta e recoméndase levar calzado cómodo e auga.

O guía

Eduardo González Clavijo é licenciado en xeología pola Universidade de Salamanca. Nos últimos anos realizou varios traballos de divulgación científica e xeoturismo para a Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense, a Sociedad Geológica de España e o Colexio Oficial de Xeólogos. É o autor da explicación xeolóxica da Ruta do Ferro realizada en 2018 para a Cámara Oficial Mineira de Galicia.

 

También te podría gustar...