Rubiá aposta pola recuperación do porco celta e a “pita de Mos”

  • O programa de recuperación de razas autóctonas  promovido polo Inorde funciona con éxito  na comarca de Valdeorras, según o xerente e os técnicos do Instituto de Desenvolvemento Económico
José Manuel Rodríguez y Servando Álvarez

José Manuel Rodríguez y Servando Álvarez

 

O xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez,  e o técnico do Centro Agrogandeiro do citado Instituto Servando Álvarez  manifestaron, nunha reciente visita á comarca, que o proxecto de recuperación de porco celta en Valdeorras implantouse con éxito.

Recordaron que o programa para a recuperación desta raza autóctona iniciouse en Éntoma (O Barco) hai catro anos e que, agora, xa se está a levar  noutras localidades da comarca de Valdeorras como Rubiá ,  localidade onde se cría o porco celta pero onde tamén se introduciu a recuperación de “pita de Mós”, que leva a cabo tamén o Inorde.  “O proxecto  de recuperación vai moi ben en Rubiá, e Valdeorras e  tamén se desenvolve en zonas veciñas como Viana,  entre outras moitas localidades da provincia ourensá” valorou  José Manuel Rodríguez.

4

Porcos celta

 

Ambos  puxeron de manifestó as actividades que  o Inorde desenvolveu  na comarca ó longo deste ano e que consistiron en análisis de mostra de terras en Valdeorras e tres cursos de formación, un deles de poda e inxerto de castiñeiro , que “tiveron moi boa aceptación, de feito houbo xente que quedou fora debido á demanda”.  Neste momento, outra actividade formativa que ten en carteira, e que ten previsto abordar,  é  sobre a poda e inxerto de viñedos, tendo en conta a demanda que rexistrou dito contido.

Servando Álvarez dixo que o Inorde fai moitos análisis de terra en Valdeorras e valorou que esta comarca non son ten viño e castaña, senón que “ten un potencial hortícola importante e hai que apostar por promover os mercados locais de proximidade”.

 

 

También te podría gustar...