Roteiro por Córgomo, actividade que abre o ‘Ano de Florencio Gurriarán’ en Valdeorras

  • A ‘ruada’ está organizada polo proxecto cultural “As letras de Florencio” e consistirá nun percorrido polos lugares de Córgomo máis presentes na poesía deste autor valdeorrés.
  • O roteiro será o vindeiro domingo, 6 de febreiro, aproveitando que esta semana foron as Candeas, festividade de inverno de Córgomo

 

Como todos sabemos xa, este ano estanlle dedicadas as Letras Galegas ao intelectual valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, e dende o seu Córgomo natal vanse realizar numerosas actividades promovidas polo proxecto cultural “As letras de Florencio”. Pois ben, a primeira delas será o domingo 6 de febreiro e consistirá nun roteiro pola aldea que viu nacer e tanto inspirou a este autor.

Co nome de “Ruada con Florencio polas Candeas” farase esta visita guiada por Fernando Santalla, veciño e familiar do homenaxeado no día sas nosas letras, que “axudará a mirar cos ollos do Florencio máis mozo, descubríndonos episodios históricos e outros persoeiros da aldea”.

O roteiro partirá ás 16:30 h. da Praza do Pobo de Córgomo, en Vilamartín de Valdeorras, e non é preciso inscrición previa.

También te podría gustar...