Rogelio Martínez visita a la Selección Nacional de Ciclismo que está concentrada en O Barco

cartelRogelio Martínez visita a la Selección Nacional de Ciclismo que está concentrada en O Barco.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou esta noite aos membros da selección nacional de ciclismo que están concentrados nun hotel do concello valdeorrés, con motivo da celebración do Mundial de Ciclismo na localidade leonesa de Ponferrada. No acto estivo acompañado polo xefe de área de Turismo, Antonio Aguarón, e polo xefe de servizo de Deportes, Mario Guede.

O acto desenvolveuse no Pazo do Castro, establecemento elixido polo seleccionador nacional, Javier Míguez, para a concentración dos deportistas polo seu emprazamento preto da competición e, ao mesmo, pola tranquilidade das súas instalacións. Rogelio Martínez deulles a benvida aos corredores hospedados na localidade ourensá e desexoulles éxitos neste evento deportivo. Ademais, o  delegado territorial agradeceulles aos responsables da Federación Española de Ciclismo a elección dun establecemento de turismo rural de Galicia como lugar de concentración porque “sen dúbida, a estadía da selección é unha oportunidade para a promoción do turismo rural galego e para proxectar ao exterior as singularidades desta terra”.

image_gallery

O delegado territorial resaltou que o turismo rural segue a medrar en Galicia, e máis concretamente na provincia ourensá. No que vai de ano, máis de 12.600 viaxeiros escolleron Ourense como destino de turismo rural e os seus establecementos rurais contabilizaron un total de 23.712 pernoitas, un 11,2% e 26,9% máis, respectivamente, que no ano anterior.

Rogelio Martínez subliñou a aposta do Goberno galego pola dinamización do turismo no eido rural. Dentro da estratexia que desenvolve Turismo de Galicia para impulsar este tipo de turismo está a celebración do programa do Outono Gastronómico, que este ano acada a oitava edición. Esta iniciativa se desenvolve ata o 14 de decembro en 106 establecementos rurais  galegos, dos que 23 pertencen á provincia de Ourense, e combina a enogastronomía galega co turismo rural.

 

También te podría gustar...