Rogelio Martínez visita a décimo quinta edición de Megaxove en Expourense

Visita Megaxove 14

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou esta mañá na visita institucional realizada á décimo quinta edición de Megaxove, Salón da Xuventude que, durante a ponte festiva da Constitución, ofrecerá máis de 100 actividades de lecer e deportivas. A Xunta, a través da Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado e da Secretaría xeral para o Deporte, colabora con este certame para converter estes días a Expourense no punto de encontro da mocidade galega.

A visita coincidiu coa conmemoración do Día Internacional do Voluntariado, polo que Rogelio Martínez aproveitou para agradecer o labor das de 850 asociacións que integran a Rede de Voluntariado Galego e asegurou que Megaxove é “o mellor escaparate para dar a coñecer as actividades relacionadas co lecer, a cultura ou o deporte que organizan durante o ano as distintas asociacións e clubs sen ánimo de lucro nas que están implicados miles de voluntarios e voluntarias de todo Galicia”.

 

Visita a Megaxove 14

También te podría gustar...