Rogelio Martínez participa na reunión que o Consello Termal ourensán celebrou no balneario de Baños de Molgas
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou na reunión que onte a mañá celebrou o Consello Termal Ourensán, ente integrado por institucións, colectivos e empresas relacionadas co termalismo. Nesta xuntanza, que se celebrou no Balneario da localidade ourensá de Baños de Molgas, tamén participou o director de Competitividade de Turismo de Galicia, José Luis Maestro.
O Consello Termal Ourensán naceu a finais do pasado ano ao abeiro dun convenio de colaboración asinado o pasado mes de novembro entre a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense, polo cal ambas as dúas institucións se comprometeron a darlle o pulo definitivo á aposta polo turismo termal que o Goberno autonómico leva poñendo en práctica dende 2009.