Rogelio Martínez participa na entrega das Medallas de Ouro da Fundación Luso Galaica no marco de Xantar 2015

_MG_6004

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou este serán no acto de entrega das medallas de ouro da Fundación Luso Galaica, que se celebrou no marco da décimo sexta edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico que ata o domingo que vén acolle Expourense.

O máximo representante do Goberno galego na provincia destacou a aposta da Xunta de Galicia pola cooperación transfronteiriza “que permite aunar esforzos sen perder autonomía” e matizou que esta estratexia ademais de pór en valor a gastronomía, a artesanía ou o turismo propio de cada rexión, fomenta novas dinámicas que posibilitan novas oportunidades para as economías locais e xeran emprendemento.

Rogelio Martínez subliñou, ademais, o papel do Salón Xantar como bo exemplo de iniciativa desta cooperación. Así, Portugal volve ter un importante protagonismo nesta cita gastronómica e participa con tres restaurantes de tres rexións turísticas do país luso: Vila Real, o Douro-Lamego e Dao-Lafoes.

También te podría gustar...