Rogelio Martínez inaugura o X Encontro Ibérico sobre dieta es saúde que se celebra en Xantar 2015

20150302_rogeliomtez_xantar1

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, inaugurou esta mañá o 10º Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde que se celebra no marco da décimo sexta edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico que dende hoxe, e durante 5 días, se celebrará Expourense.

O delegado territorial subliñou o respaldo de distintos departamentos autonómicos a este evento internacional de turismo gastronómico “xa que se trata dun salón multidisciplinar que, ademais, da compoñente turística, defende a calidade dos nosos profesionais hostaleiros contribuíndo á formación dos mesmos, promociona os beneficios para a saúde da Dieta Atlántica e mostra as posibilidades culinarias e nutricionais dos nosos produtos agrarios e do mar”.

Na súa intervención Rogelio Martínez desexoulles éxito aos organizadores destas xornadas e indicou que “se tratan de cinco días de convivencia nos que temos a oportunidade de coñecer de preto a algúns dos mellores cociñeiros galegos que teñen sona fora das nosas fronteiras”.

Este encontro ofrece máis de 100 actividades que apostan pola profesionalización do sector hosteleiro e que promocionarán a gastronomía sostible e saudable poñendo en valor ademais a calidade dos produtos agroalimentarios e do mar de Galicia, Portugal e Costa Rica.

O programa de actividades incluirá conferencias de expertos, exhibicións de cociña en directo, ademais de catas comentadas y degustacións. Así, a Consellería de Sanidade organiza unha mesa redonda sobre nutrición e seguridade alimentaria na que presentará o Plan Xermola para a prevención da obesidade infantil e a Guía de orientación dirixida aos comedores escolares co obxectivo da elaboración dun menú equilibrado e saudable.

También te podría gustar...