Rogelio Martínez destaca a aposta da Xunta pola cooperación transfronteriza nun acto de promoción turística de Xantar en Ponte de Limia

ponte limia

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, asistiu esta tarde na localidade lusa de Ponde de Lima ao acto de presentación da 16ª edición do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, Xantar no marco da campaña de promoción turística “Em época baixa, Ponte de Lima em alta” incluída nun convenio de colaboración asinado entre a Cámara Municipal desta localidade portuguesa e Expourense para a promoción mutua dos eventos que organizan ámbalas dúas entidades.

Rogelio Martínez destacou a aposta da Xunta de Galicia pola cooperación transfronteiriza “que permite aunar esforzos sen perder autonomía” e matizou que esta esta estratexia ademais de pór en valor a gastronomía, a artesanía ou o turismo propio de cada rexión, fomenta novas dinámicas que posibilitan novas oportunidades para as economías locais e xeran emprendemento.

ponte limia 15

 

O delegado territorial subliñou, ademais, o papel do Salón Xantar como bo exemplo de iniciativa desta cooperación.

A vindeira edición de Xantar desenvolverase no recinto feiral de Expourense do 4 ao 8 de marzo e nela estará presente un stand de Ponte de Lima para promocionar os recursos turísticos desta localidade lusa.

 

También te podría gustar...