Ribas de Sil exaltará a cereixa pero tamén o aceite e o viño

A Festa da Cereixa chega este ano á súa XVIII edición e faino incorporando adegas como novidade principal. Será os días 4 e 5 de xuño na Praia Fluvial de San Clodio.

 

Como outras celebracións gastronómicas, a Festa da Cereixa retorna ao calendario tras dous anos de parón por mor da pandemia. E faino cunha novidade interesante, ao aceite, xa presente dende hai uns anos, súmaselle o viño como produto local a potenciar dado o auxe da produción de viño no concello.

 

Como é xa tradición tamén nesta celebración, haberá moitos máis postos, ademais dos dedicados a estes tres produtos estrela. O recito feiral, ao longo do paseo fluvial na contorna da Praia Fluvial, acollerá postos de alimentación con diferentes produtos locais e tamén unha mostra de artesanía.

 
PROGRAMA

Apertura do recinto e degustación de cereixas pola mañá do sábado 4 de xuño.

Pola tarde, ás 18:00 h. haberá unha exposición de pinturas a cargo dos alumnos da Escola Municipal e pintura ao aire libre.

Ás 19:00 h. Inauguración e visita guiada do Centro de Interpretación da Minaría aurífera Romana (CIMAR), ubicado no Xeocamping Montañas do Courel.

Como remate a esta xornada haberá un concerto do grupo soberino Os Parentes no anfiteatro da Praia Fluvial.

No que respecta ao domingo, 5 de xuño, os visitantes poderán visitar os postos da feira pero tamén visitar o Museo da Minaría Romana e a exposición de pintura da Aula de Pesca.

Durante a mañá farase un programa de radio, da man de Radio Monforte, e haberá música das 11:00 ás 13:00 h. a cargo da charanga ‘Os Caliqueños’  e do grupo de gaitas e cantareiras ‘Falcatrueiros’.

Ás 13:00 h. será o pregón, que este ano correrá a cargo de Alexandra Seara, xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

O remate á xornada matinal poñerao a charanga ‘Os Caliqueños’.

 

Pola tarde, como remate da Festa da Cereixa, o aceite e o viño, ás 19:00 h. actuarán os ‘Falcatrueiros’ cunha demostración de baile, gaitas e percusión; e ás 20:30 h. opeche musical correrá a cargo do DJ Rafa de Radio Monforte.

 

También te podría gustar...