Riada Cidadá recolle as reclamacións veciños pola deficiente iluminación no Concello de O Barco
Numerosos veciños fixeron chegar as súas queixas a Riada Cidadá polo deficiente estado da iluminación pública do Barco. Non se trata dun feito illado. Deden a formación indican que actualmente hai unha gran cantidade de farois que non están a funcionar, como é o caso do paseo do Malecón, as pasarelas e a ponte sobre o río Sil.
Así mesmo, moitos puntos de luz están apagados no Casco Vello, tamén en numerosas partes de Viloira, cuxos veciños levan moito tempo queixándose da desidia do Concello á hora de reparar os farois que dende hai tempo están fóra de servizo nesta zona do municipio. Ademais, os veciños de Viloira queixáronse en numerosas ocasións, e por escrito, do deficiente estado da rede de evacuación de augas, sen que ata o momento se resolvese o problema.
Indícan que o Concello do Barco conta con dous electricistas que se encargan de realizar estes traballos lumínicos que, non obstante, se dilatan no tempo de forma inexplicable. Dende Riada Cidadá preguntánse a qué se debe esta desidia por parte do Concello do Barco e esperan que emenden canto antes estas deficiencias. Para facelo, tan só fai falta vontade política e unhas cantas lámparas, e puntualizan, a non ser que o actual goberno socialista estea a pensar en privatizar tamén este servizo, esencial para a seguridade e a comodidade dos cidadáns.