Riada Cidadá presenta o seu cartel electoral e o seu programa completo
Ás doce e un minuto do día 8 de maio, Riada Cidadá comezou a súa campaña pola alcaldía do Barco cunha pegada de carteis e a divulgación do noso programa completo. Félix García Yáñez, candidato á alcaldía, e Pedro González, o segundo da lista, foron os encargados de dar o pistoletazo de saída coa pegada do primeiro cartel.
Hoxe, a pegada continúa por algúns pobos como Éntoma, Vilanova, Forcadela, O Castroe Outarelo. Arrancamos esta campaña con ilusión e moitas ganas de traballar para que as veciñas e os veciños do Barco recuperen o goberno do seu concello. Queremos un concello da xente e para a xente.
Pódese descargar aquí o programa electoral