Riada Cidadá con respecto ao desmantelamento do HCV: ‘A saúde non é un negocio’
Riada Cidadá con respecto ao desmantelamento do HCV: ‘A saúde non é un negocio’.
Para esta formación, ‘o proceso de desmantelamento lento pero constante do Hospital Comarcal de Valdeorras (HCV) ten por finalidade o de poñer a sanidade en mans privadas’.
Dende á súa opinión, ‘se agora se suprimen camas dispoñibles ou fisioterapeutas nun futuro próximo se externalizarán os análises clínicos para desfacerse do servizo de laboratorio o que incidirá negativamente sobre a calidade asistencial ós veciños de Valdeorras’.
Segundo a formación, ademái da supresión de servizos implica a posta en perigo dos postos de traballo dos profesionais a eles asociados: ‘Esta dinámica se complementa ca centralización das prestacións sanitarias en Ourense que os gobernos do PP (Madrid e Xunta) están a implantar. Política sanitaria xestionada e encamiñada a favorecer as grandes empresas de servizos’.
Riada Cidadá, participará en todas as mobilizacións polo HCV da que ‘a concentración do pasado xoves é o inicio dun novo ciclo de loita pola sanidade pública comarcal, e defenderá sempre a saúde como un dereito universal. Sempre estaremos fronte dos que conciben a sanidade como unha fonte inesgotable de beneficios económicos’.