Riada Cidadá aposta pola elección do pedáneo polos veciños
Según comentan os membros desta formación a este medio, ‘a aposta de Riada Cidadá é democratizar todo o tecido social do noso pobo’.
Por iso manifestan que queren por en valor a función dos pedáneos nos núcleos rurais, non coma representante do Concello na aldea, se non como o representante dos veciños ante o Concello, e en todas aquelas cuestións que xurdan no pobo.
Dende esa ollada, coidan que é fundamental ‘que a elección do pedáneo sexa polos veciños, como persoa achegada e da súa confianza. Os veciños son os que mellor coñecen a situación do seu lugar e como queren que se desenrolen as actuacións que nel se fagan’.
E é que entenden que, ademais, debe ser transmisor das súas inquedanzas e mediador naqueles conflitos que xurdan no día a día do pobo. Por iso inciden ‘que é imprescindible que a súa elección sexa feita coa participación de todos aqueles que vai representar. Dende o Concello impulsaremos que os pedáneos sexan nomeados entre aquelas persoas da aldea que queiran ser os representantes do seu pobo e sexan elixidos polos seus veciños’.