Riada Cidadá: ‘A auga, un ben común feito negocio’

RC_Auga

 

Dende o ano 1997 o abastecemento do auga no Barco está xestionado por unha empresa privada, UTE Ferrovial Servicios-Begar, compañía propiedade de José Luis Uribarri, imputado no caso Gúrtel.

O Regulamento do servizo municipal de augas e saneamento, do 24/05/1997, artigo 3, apartado a: «Correspóndelle ó concesionario planificar, proxectar, executar, conservar e explota-las obras e instalacións necesarias para captar, regular, conducir, depurar, almacenar e distribuír auga potable á poboación do municipio do Barco, así como para recoller, conducir, separar e depurar as augas residuais para o seu vertido ás canles públicas». Este contrato acaba en 2017.

Dende Riada Cidadá suliñan ‘que cerca de 1800 firmas de veciños e veciñas avalan o descontento da xestión que a empresa ADGAR está a facer co beneplácito de todos os membros da corporación, así como a imposición dunha nova taxa de depuración e a creación dun organismo Consorcio de Augas de Valdeorras que debemos soster tamén cos nosos impostos’.

En referencia á resposta dada por Alfredo García, rexidor barquense, ante a avalancha de queixas da xente do Barco,  din que limitouse a un sinxelo : “a auga está moi ben xestionada e non se remunicipalizará”.

Ademais o peche da oficina de atención á/ó usuario deixa as veciñas e veciños totalmete desamparados ante calquera deficiencia no servizo.

Riada Cidadá comprométese a desprivatizar a xestión da auga para abaratar o recibo do seu consumo así como suprimir a taxa de depuración e saír do Consorcio de Augas de Valdeorras.

También te podría gustar...