Renovación da Xunta Directiva da Ruta do Viño de Valdeorras
- A Ruta do Viño de Valdeorras renovará a composición da súa Xunta Directiva
- A asemblea terá lugar a vinderia semana
- Así llo comunicaron a Francisco García, presidente do Consello Regulador, algúns membros e socios da actual directiva
O presidente da D.O. Valdeorras mantivo onte unha xuntanza na sede do Consello Regulador con membros e socios da actual xunta directiva da Ruta do Viño, na que se abordou a necesidade de renovar a composición desta organización. Con esta finalidade, celebrarase unha asemblea da Ruta do Viño de Valdeorras o vindeiro día 3 de novembro.
Un dos primeiros obxectivos da nova directiva da Ruta do Viño da comarca é formalizar a adhesión do organismo ao Cluster do Turismo de Galicia, co obxectivo de integrarse posteriormente na marca “Enoturismo de Galicia”, que foi presentada formalmente a semana pasada en Santiago e que conta coa participación das outras catro rutas do viño galegas.