Renovación da sinalización horizontal de Monforte

  • O Concello inviste máis de 152.000€ na renovación da sinalización horizontal da cidade, o orzamento máis alto dos últimos anos
  • O Alcalde, José Tomé Roca, ven de comunicar a publicación onte do anuncio de licitación para a renovación e mantemento da sinalización horizontal das vías e espazos públicos competencia do Concello de Monforte
  • “Trátase da inversión máis alta destinada para este fin polo Equipo de Goberno dos últimos anos” destaca o Alcalde, “xa que destinamos un orzamento de 152.468,48 €, ive engadido, e que suporá a mellora da sinalización horizontal a través de 130 actuacións en rúas e vías de todo o concello, e nas que se inclúe tamén todo o Polígono do Reboredo, a chaira do cemiterio ou o mercado gandeiro”
  • O prazo para a presentación de ofertas é de 13 días e está aberto dende hoxe, día en que foi publicado na Plataforma de Contratos do Sector Público, e ata o 16 de maio de 2020
  • As mesas de contratación para a apertura das ofertas que se presenten está previsto que se celebren o mércores 18 e luns 23 de maio
  • Unha vez adxudicados os traballos de mellora e mantemento da sinalización horizontal, estímase que o desenvolvemento dos mesmos sexa de 30 días

 

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu conta onte da apertura do prazo de presentación de ofertas para a licitación do contrato de renovación e mantemento da sinalización horizontal das vías e espazos públicos que son competencia do Concello.

“Trátase da inversión máis alta destinada para este fin dos últimos anos” destaca o Alcalde “xa que destinamos un orzamento de 152.468,48 €, ive engadido, e que suporá a mellora da sinalización horizontal a través de 130 actuacións en rúas e vías de todo o concello, e nas que se inclúe tamén todo o Polígono do Reboredo, a chaira do cemiterio ou o mercado gandeiro”.

O prazo para a presentación de ofertas é de 13 días, logo de que onte fora publicado o anuncio de licitación na Plataforma de Contratos do Sector Público. O luns 16 de maio de 2022 será o último día para presentar propostas a este concurso.

Logo de que remate o prazo de presentación de ofertas, as correspondentes mesas de contratación está previsto que se celebren o mércores 18 e luns 23 de maio.

Unha vez adxudicados os traballos de mellora e mantemento da sinalización horizontal, estímase que o desenvolvemento dos mesmos sexa de 30 días, polo que a previsión, se a climatoloxía o permite, é que rematen a finais do mes de xullo.

 

Traballos a executar

O adxudicatario realizará todos os traballos necesarios, incluíndo a aportación de materiais, maquinaria, utillaxe, equipamentos,  etc., para renovar a sinalización horizontal existente nas rúas ou espazos públicos que se relacionan a continuación, ou, no seo caso, das partes das mesmas que especificamente se indiquen cando a renovación sexa limitada a un tramo ou tramos específicos da vía de que se trate, así como as modificacións, adaptacións de mellora e dotación de novos elementos de sinalización que se determinen.

A entidade ou persoa adxudicataria renovará a totalidade das marcas viais e sinais horizontais efectivamente existentes nas vías obxecto de actuacións, facéndoo sempre na forma, dimensións e cores preexistentes, salvo no caso en que pola Policía Local ou polo servizo que detemine o Concello de Monforte de Lemos se lle requira para a aplicación de modificacións.

 

130 actuacións de mellora da sinalización horizontal en rúas e zonas públicas municipais

As rúas e zonas incluídas neste contrato son as seguintes:

  1. R/BENITO VICETTO  – Completa ata ligazón con  N-120.
  2. R/MUÍÑOS DE ANTERRO  – Completa.
  3. R/PONCHE DOUS PICOS – Completa, inclúe baixada lateral a vía  e tramo ata ligazón con  R/Benito Vicetto.
  4. R/MALVARÓN – Completa.
  5. R/EDUARDO BRANCO AMOR – Tramo inicial en ligazón con  R/Eduardo Pondal e tramo de ligazón con  Cº Centeás.
  6. R/EDUARDO PONDAL – Completa, inclúe anexos de R/Alexandre Bóveda, lateral a nº 102,  prolongación de Centeás ata estrada Canle e pista Centeás.
  7. R/VALLE INCLÁN – Completa, ata finalización de zona dotada de beirarrúas, inmediacións entrada de Cerámica do Castelo.
  8. R/AROUSA – Completa.
  9. R/MUÍÑOS DE ANTERO  – Completa.
  10. R/FILGUEIRA VALVERDE – Completa.
  11. R/AS CRUCES – Completa.
  12. R/CHAMOSO LAMAS – Completa.
  13. R/ RIOSECO – Completa.
  14. R/POETISA MARÍA MARIÑO – Tramo de zona de vivendas – Exclúese a parte final entre a Pista de As Curces e a entrada a Formigóns Rioseco.
  15. R/PADRE FEIJOO – Completa.
  16. R/JUAN MONTES – Completa – Inclúe ata glorieta de acceso a Porto Seco.
  17. R/CONDESA PARDO BAZÁN – Completa.
  18. R/ROSALÍA DE CASTRO  – Completa.
  19. R/Dr. LÓPEZ SUÁREZ – Completa.
  20. R/RAMÓN Y CAJAL – Completa.
  21. R/VILANOVA – Completa.
  22. R/PONTE DÁ VIRXE – Completa.
  23. R/PRAZA ESTACIÓN – Completa.
  24. R/CONCEPCIÓN ARENAL – Completa.
  25. R/CORUÑA – Tramo desde reserva de carga e descarga fronte a nº 19 ata ligazón con  R/Leopoldo Calvo Sotelo.
  26. R/ CANEIRO – Exclusivamente o paso de peóns e a liña de detención de leste na saída a  R/Dr. Casares.
  27. R/PONTEVEDRA – Completa.
  28. R/RIBEIRA – Completa.
  29. R/CURROS ENRIQUEZ  – Completa.
  30. R/Dr. CASARES – Carga e Descarga en nº 3, novas dotacións en Centro de Saúde e completo en tramo desde nº 116 ata final.
  31. PASEO DO MALECÓN.
  32. R/HORTAS E ANEXOS – Unicamente anexo de Praza de Dr. Goyanes e o tramo que se indica entre nº1 39 e 43.
  33. R/ MORÍN – Completa.
  34. R/SAN PEDRO – A partir de nº 5.
  35. R/CARLOS CASARES – Completa.
  36. R/AVELINO CACHAFEIRO – Completa.
  37. R/JACINTO BENAVENTE – Completa.
  38. R/JUAN RAMÓN JIMÉNEZ – Completa.
  39. R/ ZAPARDIEL – Completa.
  40. R/LEOPOLDO CALVO SOTELO – Completa.
  41. R/LAGARES – Completa.
  42. R/FLORIDA – Completa.
  43. PRAZA DA FLORIDA – Completa.
  44. R/REAL – Completa.
  45. R/CENTRAL – Completa.
  46. R/GERMÁN VÁZQUEZ  – Completa.
  47. Estacionamento R/PRETO  – Completa.
  48. PRAZA DO PIÑEIRO  – Completa.
  49. R/ESTRELA – Completa.
  50. R/Dr. FLEMING – Completa.
  51. R/ CORNA – Completa.
  52. R/RICARDO QUIROGA – Completa.
  53. R/SANTO DOMINGO – Completa.
  54. R/PRAZA DE ESPAÑA – Completa.
  55. R/JULIO CAMBA – Completa.
  56. R/ PLAZUELA DO CONDE – Completa.
  57. R/INÉS DE CASTRO – Exclúese a reserva de mobilidade reducida existente fronte ao nº 10, Resto, pintado completo.
  58. R/ROBERTO BAAMONDE – Completa.
  59. R/OTERO PEDRAYO – Exclúese a praza de mobilidade reducida  fronte ao nº 13 (corresponde lado pares). Resto, pintado completo.
  60. R/POETA LOIS PEREIRO – Completa.
  61. R/POETA LOIS PEREIRO – Completa.
  62. AVENIDA DE GALICIA – Completa.
  63. R/CELSO EMILIO FERREIRO – Completa.
  64. R/ SÁRRIA – Completa.
  65. R/ MALLOADAS – Completa.
  66. R/CONDE – Completa.
  67. R/CARDEAL, glorieta de Ponte Fontecha e ata inicio de R/COMPAÑÍA – Completa.
  68. R/ESTACIONAMENTO A COMPAÑÍA – Excluídas as tres prazas de  mobilidade reducida da entrada. Resto, completa.
  69. R/COMPAÑÍA – Unicamente as partes que se indican.
  70. R/ESCULTOR FRANCISCO MOURE – Completa.
  71. R/MÁRTIRES DE CARRAL – Completa.
  72. R/REBOREDO – Unicamente as actuacións que se indican no prego.
  73. R/REBOREDO – TRAVESÍA – Unicamente as actuacións que se indican.
  74. R/CASTELAO – Completa.
  75. R/DUQUESA DE ALBA – Completa.
  76. R/SAN LÁZARO – Completa.
  77. R/ CARÚD – Completa.
  78. R/ACEA NOVA  – Completa.
  79. R/SOBER – Completa, inclúe ata instalacións do Obradoiro de  Emprego, incluído.
  80. R/A PINGUELA – Acceso e estacionamento da urbanización – Completa.
  81. R/ESTADIO POLIDEPORTIVO, PISCINA E CAMPO DE FÚTBOL – Exclúense 5 prazas de mobilidade reducida. Resto, completa.
  82. R/PAREDES – Completa.
  83. R/ ROF CODINA  – Completa.
  84. R/OURENSE – Completa, incluído tramo  N-120a, ata límite de competencia municipal en parroquia de Distriz.
  85. R/POETISA SARA CAO – Completa.
  86. R/CAMILO JOSÉ CELA – Completa.
  87. R/CONDE FROILÁ DÍAZ  – Completa.
  88. R/PEDRO DE VEER  – Completa.
  89. R/AMADOR LÓPEZ ESPINOSA – Completa.
  90. R/DIEGO DE LEMOS – Completa.
  91. R/RIBAS DO SIL – Completa.
  92. R/ DO RÍO – Completa.
  93. TRAVESÍA PERFECTO – Completa.
  94. R/PANTÓN- Completa.
  95. R/SANTIAGO – Completa.
  96. TRAVESÍA COBAS-PANTÓN – Completa.
  97. R/TOMÁS VÁZQUEZ – Completa.
  98. R/COBAS – Completa.
  99. R/TECELÁNS –  Excluído parcialmente o tramo lindeiro con Campo de S. Antonio. Resto, completa.
  100. R/CHANTADA – Completa.
  101. R/VEIGUIÑA – Completa.
  102. R/FERROL – Completa.
  103. R/SAVIÑAO – Completa.
  104. R/ROBERTO MARTÍNEZ ANDRADE – Completa.
  105. Entrada Supermercados – C/CHANTADA  – Completa.
  106. R/LEMAVOS – Completa.
  107. R/CARBALLEDO – Pintar unicamente sinalización en ligazón con  C/Chantada.
  108. R/VIGO – Completa.
  109. R/ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS – Completa.
  110. R/AMADOR LÓPEA CUEVILLAS  – Completa.
  111. R/ ABELEDOS FABEIRO – Completa.
  112. R/LUÍS PIMENTEL – Completa.
  113. R/ANTÓN VILAR PONCHE – Completa.
  114. TRAVESÍA ABELEDOS-CAMPO DEHESA  – Completa.
  115. R/ALONSO RÍOS – Completa.
  116. CAMIÑO REAL DE SEOANE – Completa.
  117. R/OURENSE (TRAMO 1-19) E CAMPO DE SAN ANTONIO
  118. Estacionamento – TRASEIRO R/OURENSE, 5  – Completa.
  119. R/ABELEDOS – Exceptúase paso de peóns en inicio de  C/ Saviñao. Resto, completa.
  120. R/POETA MANUEL MARÍA -Pintado unicamente desinais en ligazón con  Ronda Mª Emilia Casas Baamonde.
  121. R/IRMÁNS DAPENA – Completa.
  122. R/CORREDOIRA – Renovado da sinalización que se indica no prego.
  123. R/SANTA CLARA – Completa.
  124. R/MANUEL ANTONIO – Completa.
  125. CAMIÑO DA BARXA  – Unicamente sinalización de parada de Bus Escolar.
  126. R/MARI PAZ DE TOR  – Completa.
  127. CHAIRA CEMITERIO – Completa.
  128. R/ IRMANDIÑOS – Completa.
  129. POLÍGONO INDUSTRIAL – Completo.
  130. RECINTO MERCADO GANDEIRO – Completa.

También te podría gustar...