Reforma e mellora da estrada de Santo Agostiño de Viana

Visita a estrada de Santo Agustiño (Viana do Polo) de Pablo Pérez Pérez (Deputado Provincial de Cooperación) acompañado polo alcalde de Viana, Abelardo González Alonso e demais membros da grupo municipal de goberno.

 

A Deputación de Ourense vén de sacar a licitación a reforma e mellora da estrada de Santo Agostiño-encoro das Pías, no Concello de Viana do Bolo, na que se investirán más de 1,1 millóns de euros “permitindo á veciñanza dispoñer dunha axeitada vía de comunicación, cuxo arranxo é froito da comisión de negociación que presidiu a institución provincial e da vontade de diálogo da empresa propietaria da estrada e os representantes dos grupos municipais”, destacou o deputado de Cooperación, Pablo Pérez, na visita que realizou a Viana do Bolo. 

Pérez lembrou que a reforma da estrada, propiedade da empresa eléctrica Endesa, “era una antiga demanda veciñal que recolleron os partidos da corporación municipal, promovendo a constitución dunha comisión de negociación que lideraría a Deputación”, sinalou o deputado, quen á súa vez presidiu esta comisión. 

Múltiples contactos

Logo de múltiples contactos, chegouse a un acordo polo que Endesa se faría cargo do 50 % do custo das obras -ao redor de 600.000 euros-, mentres que a institución provincial e o Concello de Viana achegarían o 25 % cada un. Unha vez rematadas as obras, a titularidade da estrada pasará ao concello.

Agora comezamos a penúltima etapa dun proxecto no que a Deputación se implicou co máximo interese, cumprindo os seus compromisos e que, logo de moitos esforzos, esperamos rematar dentro de dous meses para iniciar as obras no verán

, engadiu Pérez. 

Cun orzamento de 1.125.119 euros, a reforma da estrada realizarase en tres tramos, cunha lonxitude total que supera os 24 quilómetros. O proxecto inclúe a renovación e regularización do firme, acondicionamento e limpeza das cunetas, roza das marxes, nova sinalización horizontal e vertical e a instalación de elementos de seguridade viaria. 

También te podría gustar...