Recital poético musical «Cantarenas na noite»

  • Acto de Valdeorras Infinda na Coruña.
  • Será mañá mércores, 27 de abril, ás 19:30 horas, na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda

 

Organizado por Valdeorras Infinda e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda terá lugar o recital poético musical -«Cantarenas na noite«- de Paco Campos, quen recitará poemas de Florencio Delgado Gurriarán. Palabra e música serán complementadas e potenciadas cun soporte audiovisual elaborado polo director tamén valdeorrés, Domingo D. Docampo, autor de “O castiñeiro morto”, unha curtametraxe de homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán, que será proxectada previamente ao recital.

 
PACO CAMPOS (O Barco de Valdeorras-Ourense)
No ano 1973 foi membro fundador do grupo de teatro LUME, que dinamizou a cultura e espallou o teatro pola bisbarra valdeorresa. Tras un fugaz e frustrante paso pola Real Escola Superior de Arte Dramático de Madrid, intálase na Coruña e pasa a formar parte da Escola de Arte Dramática Galega, dirixida por Manuel Lourenzo. Dende entón e ata o día de hoxe ten traballado como actor en numeroras obras : D. Hamlet (A. Cunqueiro), Coma as camisas de liño (Otero Pedrayo), Rei Lear (W. Shakespeare), Historia de Neera (R. Salgueiro), O auténtico Oeste (Sam Shepard), Magnetismo (M. Lourenzo), Os vellos non deben namorarse (A. R. Castelao), A gran ilusión (Eduardo De Filippo), Farsa de Bulubú (Manuel María), Náufragos (André Roussin), …
 
No eido do audiovisual ten encarnado papeis fixos en series: Mareas Vivas (TVG), Nada es para siempre (Antena 3), e episódicos: Pratos combinados,  Matalobos, Padre Casares (TVG), Hospital Central (Tele 5), El Secreto (TVE)… Tamén tén participado en filmes como Dame lume, Heroína, Ilegal, Somne…, ou tv movies: Sara, La Bella Otero, Secuestrados en Georgia, etc. Actor e director de dobraxe para TVG, Antena 3 e Tele 5. No terreo musical, grava acompañado polo grupo Chaira, catro discos: Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro (traballo colectivo), Ó rompe-lo día, Laura, ollos de auga, e Un Atlantico de música (inédito). En 2013 publica na editorial Galebooks o audio-libro “O fillo de Maciste”, un feixe de relatos ambientados todos eles no Val de Iorres (Valdeorras)
 
DOMINGO D DOCAMPO (Petín-Valdeorras-Ourense)
Inicia estudos de Bioloxía e Ciencias Políticas que abandona para estudar Publicidade. Traballa en varias axencias coma executivo publicitario e no ano 2002, tras unha crise persoal abandona o traballo e incorpórase ao departamento de desenvolvemento dunha pequena produtora audiovisual. Posteriormente realizaría un máster en Produción Audiovisual e fundaría a produtora Socialdocs, adicada á produción de documentais e a realización de proxectos educativos. Entre os últimos traballos realizados están os documentais: Florencio na terra (en desenvolvemento), Tomás Fábregas. Fighting Barriers (2022), Boa Proa Mariñeiros (2021), O desafío do Sil (2020), Noetiña (2019)…Na actualiade compaxina a dirección e produción de documentais coa dirección de proxectos educativos coma De Maior Crea e a realización de talleres de cine e creatividade.

 

También te podría gustar...