Razas autóctonas: estudo da eficacia dos tratamentos antiparasitarios
- O Inorde colabora coa Axencia Galega da Calidade Alimentaria
Dentro do programa de Recuperación de Razas Autóctonas que o Inorde desenvolve na granxa de Armariz, en Nogueira de Ramuín, unha das súas prioridades é manter aos animais nas mellores condicións sanitarias. Por elo, participa en todos aqueles proxectos de investigación relacionados co sector agrogandeiro.
Actualmente, en colaboración coa Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) está a estudar a eficacia dos tratamentos antiparasitarios no ovino-caprino. Para elo, ao longo deste ano controlarase unha parte do rabaño de ovino-caprino mediante a toma de mostras fecais para saber o estado de parasitación. Ditas mostras serán analizadas no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM).
En función do resultado das análises farase un tratamento con algún dos poucos antiheminticos que hai no mercado e valorarase a súa eficacia, así como a posibilidade de aparición de resistencias e ese principio activo.
Nesta primeira toma de mostras a 50 animais (25 ovellas galegas e 25 cabras galegas) participou tamén alumnado en prácticas da Facultade de Veterinaria de Lugo e do Centro de Capacitación Agraria de Segude.