RADIAIS en Viana: programa de lecer alternativo e comunitario

  • RADIAIS é un programa de lecer alternativo e comunitario que se levará a cabo en Viana do Bolo durante os meses de maio e xuño.

Trátase dun proxecto de ocio innovador e integrador dirixido a mocidade -entre 16 e 35 anos-, co fin de crear comunidades máis comprometidas, xustas e baseadas nunha participación social crítica que aposte por reducir as desigualdades desde a súa raíz.

O proxecto consiste en oito micro- actividades grupais de aproximadamente dúas horas de duración, onde os contidos e os piares de traballo fundamentais, xiran arredor dos Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible. (ODS)

Cada unha das actividades propostas está enmarcada de forma directa en algún destos obxectivos e son as seguintes:

Arte e natureza: é un obradoiro que nace da necesidade de recuperar ese afán de descubrir e sentirnos parte do mundo que nos rodea. O obxectivo e construír dentro do grupo alternativas ante o cambio climático empregando a arte e o contacto coa natureza.

  • (ODS: Nº13 Acción polo clima. Combatir o cambio climático e os seus efectos)

Ruta interpretativa: A través dunha ruta interpretativa guiada por expertas en actividades de dinamización no medio natural, o grupo percorrerá un pequeno tramopreto do núcleo principal – Viana do Bolo.

  • (ODS: Nº13 Acción polo clima. Combatir o cambio climático e os seus efectos)

De onde sae o que consumimos?: A misión desta actividade é coñecer a través de xogos e dinámicas participativas, a orixe dos bens que consumimos a diario e que consideramos necesario para o nosa vida diari, pero que ás veces non o son tanto. 

  • (ODS: Nº10 Reducir as desigualdades, prestando especial atención ás necesidades de poboacións desfavorecidas e marxinadas. Nº13 Acción climática. Combater o cambio climático e os seus efectos.)

Dinámicas colaborativas, xogos de rol e «scape rural»: Esta sesión ten como obxectivo abordar, a través do xogo e a experimentación no traballo en grupo, as desigualdades de xénero, así como as estratexias para o empoderamento feminino. Preténdese adaptar a iniciativa ao contexto onde transcorre, tendo en conta a nosa característica como medio rural.

  • (ODS: Nº4 Educación de calidade. Promover unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, promovendo oportunidades de aprendizaxe. Nº5 Igualdade. Promover a igualdade de xénero e empoderar ás mulleres.)

Sexualidade e desenvolvemento persoal: Un obradoiro co que se pretende crear un espacio de encontro seguro entre as persoas participantes, no que poder abordar a sexualidades en tabús.

  • (ODS: Nº4 Educación de calidade. Promover unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, promovendo oportunidades de aprendizaxe. Nº5 Igualdade. Promover a igualdade de xénero e empoderar ás mulleres.)

Música e feminismos: A persoa encargada de realizar a actividade relacionará a arte da música con referentes do xénero feminino dentro deste espazo ou aqueles masculinos que apostan por prácticas ou comportamentos con vistas á igualdade de xénero.

  • (ODS: Nº4 Educación de calidade. Promover unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, promovendo oportunidades de aprendizaxe. Nº5 Igualdade. Promover a igualdade de xénero e empoderar ás mulleres)

Diversidade e culturas locais: a diversidade cultural é un factor que está en auxe. Dende Radiais queremos analizar e traballar esta diversidade, pero tendo en conta o noso contexto. Coñecer as culturas e tradicións que conviven na nosa contorna e fomentar o respecto entre todas elas é obxectivo desta actividade.

  • (ODS: Nº10 Reducir as desigualdades, prestando especial atención ás necesidades de poboacións desfavorecidas e marxinadas. Nº5 Igualdade.  Promover a igualdade de xénero e empoderar ás mulleres.)

Coidado e autocoidado: A actividade céntrase na realización dunha serie de actividades vivenciais de xeito individual e grupal, que axudan a reflexionar
activamente sobre o uso do tempo, as cargas de traballo e saúde mental, física e mental, así como a necesidade de redes comunitarias para o
coidado real e persoal. 

  • (ODS: Nº4 Educación de calidade. Promover unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, promovendo oportunidades de aprendizaxe. Nº5 Igualdade. Promover a igualdade de xénero e empoderar ás mulleres.)

A descentralización pretende ser un dos piares deste proxecto, polo que a ubicación das diferentes actividades será moi diversa e, da man de Radiais, coñeceremos diferentes e fermosos espazos do noso concello.

A actividade, posta en marcha a través do Concello de Viana do Bolo, o Centro de Información ás Mulleres (CIM), conta co financiamento do INJUVE e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). As actividades serán impartidas polas responsables da cooperativa xuvenil Outonía: Educación Social e Sustentabilidade rural.

 

También te podría gustar...