Quince profesores universitarios peruanos visitaron a Deputación
- Profesores da Universidade Nacional Hermilio Valdizán-Huácano de Perú visitaron a Deputación
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval, recibiron onte no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a 15 profesores da Universidade Nacional Valdizán-Huácano de Perú na súa viaxe á provincia de Ourense onde están a visitar diferentes institucións e centros universitarios, como as facultades de Ciencias da Educación nos campus de Ourense. Rosendo Fernández explicoulles o funcionamento do ente provincial como goberno intermedio entre os concellos e a Xunta de Galicia, «un órgano que serve para axudar e cooperar, no caso ourensá, cos 92 concellos da provincia, onde a excepción da capital son de menos de 20.000 habitantes». Pola súa banda, Manuel Doval foi o encargado de acompañalos nesta visita a coñecer a Biblioteca do goberno provincial, instalada no Centro Cultural «Marcos Valcárcel».