Que facer este Nadal en Quiroga
O Concello de Quiroga botou a andar xa o seu programa de actividades de Nadal esta pasada fin de semana cun ‘Concerto de Nadal’ e cunha exhibición de baile moderno no Auditorio Municipal.
Respecto do resto de programación de Nadal ata Reis comentar que o xoves 22 a Casa da Cultura acollerá unha presentación literaria de Xerardo Rodríguez Arias: «Bendollo sempre na memoria, crónica urxente dun mundo que esmorece». Este mesmo día tamén o Concello invitará aos socios do Centro Social a unha merendola de Nadal.
O 23 queda Papá Noel percorrerá as rúas de Quiroga e o 26 haberá un ‘Encontro interxeracional’ no Centro de Atención Temperá.
Días despois, o 30 de decembro terá lugar unha actuación para público familiar: «Saga de Flin Havardr», monicreques a cargo de Trécola Produccións.
DEPORTES, FESTA INFANTIL E CABALGATA
Do 26 ao 29 o deporte chega da man do ‘Torneo de Fútbol Sala de Nadal’ e o 31 terá lugar a IX Carreira-Andaina «San Silvestre Solidaria».
Os días 2, 3 e 4 de xaneiro de 2023 haberá unha Festa Infantil de Nadal con inchables no Pavillón Municipal de 16:00 a 20:00 h. e o 5 a Cabalgata de Reis percorrerá as rúas da vila.