Puntuacións Parker aos viños de Valdeorras

guia-parker-2015

32 marcas de 15 adegas da Denominación de Orixe Valdeorras figuran este ano na internacional e afamada Guía Parker que anualmente edita a revista americana The Wine Advocate. O catador para esta guía en España, Luis Gutiérrez, visitou o verán pasado terras valdeorresas para catar os viños nun acto organizado na sede do Consello Regulador. Desa visita saíron as puntuacións que aparecen nesta nova edición.

Entre as 15 adegas hai dúas que obtiveron as puntuacións máis altas de Valdeorras: Rafael PalaciosValdesil. As dúas conseguiron 93 puntos precisamente en dúas marcas coa variedade godello e nunha elaboración con  barrica. Entre os 92 e os 86 puntos sitúanse o resto de marcas presentes e que pertencen ás adegas:

  • Adega da Pinguela
  • Alan de Val
  • Adega O Casal
  • Avancia
  • Viña Somoza
  • Bodega Carballal
  • Godeval
  • Guitián y Blanco
  • Quinta da Peza
  • Joaquin Rebolledo
  • Santa Marta
  • Bodegas La Tapada
  • Virxe de Galir

A maioría das adegas valdeorresas presentes na guía superan os 90 puntos con viños da anada 2013 aínda que tamén hai algunhas que teñen viños puntuados de anos anteriores. Este é o caso de Santa Marta que ademais de ter puntuados dous viños do 2013 tamén conta con tres do 2011 e un do 2010. O mesmo que a adega La Tapada que aparece na lista con dous viños do 2013, un do 2012 e dous do 2011.

Todos eles gozarán do prestixio de figurar nunha das guías máis coñecidas en todo o mundo e con moitos seguidores para continuar promocionando os viños de Valdeorras.

También te podría gustar...