Puntos do orden do día do pleno ordinario que fará mañá a Deputación de Ourense
A Deputación de Ourense terá mñá, en primeira convocatoria ás 11:00h, o pleno ordinario lembrando que uele escollerese sempre o derradeiro venres do mes para a celebración do mesmo.
Celebrarase no salón de sesións do Pazo Provincial.
Os puntos de orden do día que vanse a tratar serán os seguintes:
- Acta da sesión anterior, correspondente á ordinaria do día 26 de setembro de 2014.
- Declaración institucional da Deputación Provincial de Ourense-grao de Enxeñería Física.
- Aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo 2015.
- Aprobación inicial do Plan de Ordenación de Recursos Humanos 2015.
- Ratificación da modificación dos estatutos do Consorcio do Centro Asociado da UNED, para a súa adaptación á Lei de racionalización e sostibilidade da administración local e á Lei de racionalización do sector público.
- Aprobación do himno oficial da provincia de Ourense.
- Expediente de modificación das bases de execución do orzamento n.º 1/2014, do INORDE.
- Aprobación inicial do orzamento xeral da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2015.
- Expropiación forzosa para a execución da obra de mellora da estada provincial OU-114 Vilar de Santos (OU-321)-Ponteliñares (OU-301), n.º 103/PB/2014, en Vilar de Santos.
- Ratificación da subscrición do protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Beade, para a rehabilitación da Casa do Concello de Beade.
- Dación de conta da relación de decretos da Presidencia do mes de setembro de 2014 e dos seguintes adicionais: 2º de xuño, 1º de xullo e 1º de agosto de 2014.
- Dación de conta da relación de decretos da Vicepresidencia do mes de setembro de 2014 e dos seguintes adicionais: 1º de xullo e 1º de agosto de 2014.
- Mocións de urxencia.
- Rogos e preguntas.