PSOE, Alternativa dos Veciños de Vilamartín e BNG – Asembleas Abertas presentan escrito no Concello de Vilamartín para obter información sobre as obras que nos últimos tempos se están a facer no concello

Concello de Vilamartin de ValdeorrasPSOE, Alternativa dos Veciños de Vilamartín e BNG – Asembleas Abertas presentan escrito no Concello de Vilamartín para obter información sobre as obras que nos últimos tempos se están a facer no concello.

Enrique Álvarez Barreiro, José Pinto Álvarez e Antón Rodríguez Prieto en representación das candidaturas ás eleccións municipais de 2015 do PSOE, Alternativa dos Veciños de Vilamartín e BNG – Asembleas Abertas, presentaron hoxe no edificio do Concello un escrito no que solicitan toda a información sobre as obras que estanse a facer nos ultimos tempos no municipio.

Neste escrito EXPOÑEN:

Os representantes dos tres grupos e abaixo asinantes, á vista da cantidade de obras que se veñen realizando nos últimos meses. Obras que en ningún momento foron planificadas, nin presentadas ao pleno para poder establecer un criterio de actuación.

Tendo coñecemento pola información dada polo secretario, no que informaba que o orzamento de obras do 2015 está agotado, e polo que se pode apreciar, dada a cantidade de obras que se está a facer, pode provocar que incluso se chegue a gastar o orzamento de obras destinado para o 2016.

Dado que en ningún momento se está a transmitir nin contabilizar o importe total das obras, incluso dubidamos que a alcaldesa coñeza o montante final.

Ante a ausencia de planificación, considerando irresponsábel que un cargo político como a alcaldesa, faga as cousas con un marcado carácter electoralista, provocando un endebedamento innecesario do concello.

Tal como ven sendo habitual, os xeitos da alcaldesa co seu mando, ordeno e fago saber, actuando a capricho e sen un criterio obxectivo, con unha absoluta falta de transparencia.

Considerando que estas obras poderían terse feito con persoal do Concello, xa que este conta con medios materiais e humanos suficientes para levalo a cabo.

SOLICITAN:

Que se dea a coñecer o importe total das obras e como pensa a alcaldesa que o concello afrontará o pago.
Toda a información relativa a estas obras, proxectos, importes, criterios de actuación, xeito de adxudicación, xa que á vista de todos e todas está, que en ningún momento se transmitiu esta información aos representantes dos veciños nin ao pleno.

Que dea conta inmediatamente e informe da necesidade e da urxencia destas obras, para e porque se empregan empresas privadas sen contar co persoal do concello.

También te podría gustar...