Proxectos de mellora para 5 rúas de Monforte
- Investimento de case 180.000€
- José Tomé Roca, deu a coñecer hoxe, as obras de mellora en vías urbanas titularidade municipal, que se levarán a cabo de xeito inmediato, e que suporán a renovación do seu firme en todos os casos
- As actuacións abarcan ás rúas Echegaray, Doutor López Suárez, Poeta Manuel María, Saviñao e Pascual Veiga
- O Alcalde destaca que “continuamos co desenvolvemento dun ambicioso programa de mellora de infraestruturas viarias da nosa cidade e das nosas parroquias, porque este é un compromiso que eu como Alcalde teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas dende o principio do meu mandato, e non olvidamos a ningunha parroquia, nin a ningún barrio de Monforte de Lemos”
- Do mesmo xeito, o rexedor monfortino resaltou que “o traballo para mellorar o Concello non para en ningún momento en todos os seus aspectos, xa sexa no rural, no saneamento, no abastecemento, nos parques nas rúas ou no Polígono”
- “Coas obras de mellora que levamos posto en marcha dende o Equipo de Goberno dende que eu son Alcalde, podo afirmar que practicamente todas as rúas da cidade foron melloradas” subliñou José Tomé
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, deu a coñecer onte 5 novos proxectos de mellora en rúas urbanas do Concello de Monforte, “que supón a continuación do noso programa de melloras que, sen dúbida, van a dar continuidade ó noso obxectivo de dotar con mellores servizos e mellores infraestruturas ó noso Concello, en definitiva, ós nosos veciños e veciñas”.
A suma dos investimentos destinados a estes 5 proxectos supoñen unha inversión de case 1800.000 euros (177.064,09€).
“Deste xeito” engadiu o Alcalde, “o Equipo de Goberno deste Concello segue a licitar a contratación de obras, servizos e subministros públicos para seguir mellorando Monforte tal como vimos facendo dende que chegamos ó Goberno fai 7 anos, e que seguiremos facendo para cumprir o compromiso que temos con todos os monfortinos e monfortinas”.
As actuacións comprenden a renovación do firme das ás rúas Echegaray, Doutor López Suárez, Poeta Manuel María, Saviñao e Pascual Veiga.
No caso da rúa Echegaray ademais da renovación do seu pavimento, será dotada con novas prazas de estacionamento. Na rúa Manuel María, haberá unha novidade na sinalización e que suporá a modificación do tráfico, dado que, para facilitar a circulación, non se poderá estacionar pola marxe dereita entre o comercio dos chinos ata a gasolineira, para que poida haber dobre sentido de circulación, estacionando solo pola marxe esquerda.
O rexedor monfortino resaltou que “o traballo para mellorar o Concello non para en ningún momento en todos os seus aspectos, xa sexa no rural, no saneamento, no abastecemento, nos parques nas rúas ou no Polígono”.
Mellora da Rúa Echegaray
Esta estrada forma parte da rede viaria municipal e ubícase na zona do cuartel da Garda Civil e con saída á rúa López Suárez e a rúa Poeta Noriega Varela.
A obra de mellora consistirá nunha renovación completa do seu pavimento, nunha lonxitude total de 141 metros lineais. Así mesmo, procederase a ampliar o firme asfaltado, incorporando as zonas laterais que actualmente están sen asfaltar, con herba, e será dotada de prazas de estacionamento.
Para levar a cabo as actuacións previstas, procederase ó fresado da vía e posteriormente colocarase a nova capa de rodadura de aglomerado en quente de 5 cm. Por último, pintaranse as marcas viais, símbolos e cebreados, así como a colocación de dous aparcamentos para bicicletas.
Para esta actuación, o Concello destina un orzamento de 51.641,55 euros.
Rúa Doutor López Suárez
Con este proxecto, o obxectivo é mellorar o firme desta rúa que se ubica na zona do Cuartel da Garda Civil de Monforte, que une as rúas Morín con Rosalía de Castro.
Neste caso, procederase á renovación do firme desta rúa, nunha extensión de 238 metros lineais.
Para a renovación da rúa Dr. López Suárez, procederase ó fresado de toda a superficie da vía, ó bacheo para suprimir os afundimentos, e colocarase unha nova capa de rodadura de aglomerado en quente de 5 cm. de espesor. Por último, se procederá ó pintado de marcas viais, de símbolos e cebreados.
O orzamento que o Equipo de Goberno para estas a mellora destas tres vías municipais é de 51.637,95 euros.
Rúa Poeta Manuel María
A terceira das rúas nas que o Concello acometará actuacións de mellora é a Rúa Poeta Manuel María, que vai paralela á rúa Chantada, por detrás da zona comercial, que une a rúa Saviñao coa Ronda María Emilia Casas xunto á rotonda do Hórreo.
Neste caso, a actuación comprenderá 400 metros de lonxitude, que suporán a mellora completa do seu firme.
Como nos casos anteriores, tras o fresado do pavimento, aplicarase unha capa de aglomerado en quente de 5 cm de espesor, e unha vez seco procederase ó pintado das correspondentes sinalizacións viarias.
Nesta rúa vai haber unha novidade na sinalización e que suporá a modificación do tráfico, dado que, para facilitar a circulación, non se poderá estacionar pola marxe dereita entre o comercio dos chinos ata a gasolineira, para que poida haber dobre sentido de circulación, estacionando solo pola marxe esquerda.
Para esta actuación de mellora na rúa Poeta Manuel María, o Concello destina un orzamento de 48.609,11 euros.
Rúa Saviñao
Esta rúa é perpendicular á anterior rúa Poeta Manuel María, ata a rúa Chantada.
Neste caso, a renovación do seu firme abranguerá 128 metros lineais e tamén procederase a aplicar aglomerado en quente de 5 cm. de espesor, e o pintado das sinais viais correspondentes.
Para acometer esta actuación na Rúa Saviñao, o Equipo de Goberno destinou unha partida orzamentaria de 13.513,37 euros.
Rúa Pascual Veiga
Finalmente, en quinto lugar, a Rúa Pascual Veiga tamén será obxecto das actuacións do Concello, a fin de mellorar o seu firme.
Esta rúa, que transcorre paralela á rúa Saviñao, verá mellorado o seu firme en 130 metros. Tras o fresado de toda a superficie da vía, colocarase unha capa de rodadura de aglomerado en quente de 5 cm.
E por último, procederase ó pintado de marcas viais, símbolos, cebreados, así como á colocación dunha sinal de Stop.
Para esta actuación que suporá unha mellora nesta rúa Pascual Veiga, destínase un investimento de 11.662,11 €.
Deste xeito, na zona das rúas Chantada e Abeledos, quedarán renovados todos os firmes.