‘Provincia intelixente’ apoiada polo O Colexio de Informáticos de Galicia

  • O Colexio de Informáticos de Galicia apoia a iniciativa de “Provincia Intelixente” que impulsa Manuel Baltar
  • O presidente do goberno provincial e o titular dos informáticos galegos asinaron onte un convenio de colaboración en materia de innovación tecnolóxica

0 0 MB e Fdo Suarez 2

 

O Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia (CPEIG) apoia a iniciativa de «Provincia Intelixente» que promove o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, que ten como obxectivo desenvolver servizos e proxectos innovadores na administración pública aplicados ás xestións dos concellos e dos cidadáns, para facilitarlles os trámites e achegarlles solucións innovadoras ás súas necesidades. Así o expresou hoxe Fernando Suárez, presidente do CPEIG, na reunión que mantivo no Pazo Provincial con Manuel Baltar, na que ámbalas dúas institucións asinaron un convenio de colaboración en materia de innovación tecnolóxica.

Fernando Suárez afirmou que co concepto de «Provincia intelixente» «ábrese un amplo campo de posibilidades no ámbito da innovación dos servizos aos cidadáns, tanto no que atinxe a sensibilización tecnolóxica, formación, investigación e información», e agradeceu a iniciativa do presidente Baltar destacando que a provincia de Ourense «está a liderar iniciativas de servizos tecnolóxicos co fin de facilitar trámites para os cidadáns, sexa cal sexa o lugar onde residan».

Precisamente, o acordo asinado onte ten por obxecto colaborar e desenvolver conxuntamente entre Deputación de Ourense e CPEIG en actividades tecnolóxicas formativas, divulgadoras e investigadoras «para favorecer a transferencia de experiencias e coñecemento a prol da modernización dos servizos, compartindo coñecementos en materias como a innovación, a tecnoloxía e a administración electrónica, algo clave na sociedade actual na que vivimos, na que a distancia para realizar calquera xestión administrativa ten que ser a que separa a man do peto, onde temos o noso dispositivo electrónico», afirma Manuel Baltar, quen considera que unha Administración «ou é electrónica ou non o é».

O convenio de colaboración contempla tamén sensibilizar ás empresas dos beneficios que lles pode achegar a aplicación da investigación tecnolóxica ao seu proceso de produción, axudando a facela máis competitiva; e favorecer a información sobre servizos intelixentes administrativos, cara ao seu coñecemento pola cidadanía.

Ademais, Deputación de Ourense e CPEIG desenvolverán contidos formativos sobre produtos, servizos e aplicacións intelixentes para o sector empresarial, ás administracións locais e os cidadáns, e promoverán actividades investigadoras fomentando a colaboración coa universidade nos eidos da Informática e as Telecomunicacións.

0 0 MB e Fdo Surez 1

 

 

También te podría gustar...